|
|
|
|
ORGANOS DE REPRESENTACIÓN - Equipo directivo: Candidatura seleccionada segundo a lexislación vixente. O mandato remata en xuño de 2012 - Consello Escolar: con presencia de tódolos sectores - Claustro de profesores - Comisión pedagóxica e de actividades complementarias - Equipo de Normalización Lingüística - Observatorio de convivencia - Dinamización das T.I.C, dinamización da lectura e equipo de ornamentación PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN * A educación debe ser unha tarefa compartida fruto dun traballo conxunto de toda a comunidade educativa * O centro é un colectivo, cuns obxectivos comúns, e polo tanto cunha programación de actividades colectivas. * A educación vai moito máis aló dos procesos instructivos * Xestión áxil e eficaz dos recursos do centro * Información clara ás familias. Fomento de reunións colectivas e entrevistas individuais * Integración no contorno. Fomento das saídas e visitas * Atención á diversidade do alumnado. Preocupación polos procesos de socialización * Formación permanente do profesorado * Potenciación de actividades complementarias e extraescolares. Apertura das instalacións. * Defensa e promoción da lingua propia de Galicia * Participación en experiencias innovadoras e intercambios. Aproveitamento das diferentes convocatorias das administracións públicas. * Potenciación do uso das tecnoloxías de información e comunicación
|