Luditarde
Principal Proxecto Educativo Actividades Quen somos Funcionamento calendario escolar profesorado Luditarde saidas pais e nais

 

    As actividades extraescolares teñen a finalidade de complementar a formación e educación que reciben os alumnos, especialmente na súa faceta de cidadáns e membros da sociedade e ademáis ofrecerlles alternativas para o seu tempo de ocio.

    O colexio leva varios anos cun proxecto novidoso chamado LUDITARDE, promovido polo Concello de A Coruña e xestionada pola Federación Provincial de APAs.

Os alumnos acuden ó centro tódolos días de 4 a 6 da tarde e son atendidos por un grupo de educadores que programan bloques de contidos para cada trimestre, como por exemplo o consumo, a vida dos antepasados, a saúde ..., e realizan actividades manuais, musicais, plásticas e lúdicas ó redor dese bloque.

Cada grupo de alumnmos está atendido por un educador-titor e ademáis hai monitores especializados.

O Concello financia o 60 % da actividade e as familias deben pagar o resto (29 euros para este curso, por mes).

Hai programadas diversas saídas e moitos intercambios cos outros 5 centros de A Coruña que teñen o mesmo programa de LUDITARDE.