|
|
|
|
A Asociación de Pais e Nais de alumnos é un elemento importante dentro do funcionamento do centro. Gracias a asociación están en marcha no colexio os seguintes servicios: - Comedor Escolar e Programa Madrugadores: Xestionado pola Federación de Apas e mediante un servicio de catering, máis de 50 alumnos do colexio están inscritos no comedor, que funciona de 2 a 4 durante todo o curso escolar, incluidos os meses de setembro e xuño . Durante este horario están atendidos polos propios educadores de Luditarde. O programa de "Madrugadores atende a 15 alumnos en horario de 7'30 da mañá ata o inicio das clases ás 9'00. - Programa de actividades extraescolares "Luditarde": En horario de 4 a 6, tódolos días, de luns a venres, máis da metade dos alumnos do colexio acuden ó centro, onde un grupo de educadores contratados pola Federación de Apas realizan un bloque de actividades de ocio, formación en valores e formación da cidadanía. O concello de A Coruña financia máis do 60 por cen do custo do programa. - Cooperativa de material para educación infantil, 1º e 2º ciclos de primaria: Para aforrar diñeiro ás familias, facilitarlles o traballo e para ensinar ós alumnos a compartir o material, prácticamente todas as familias destes cursos forman unha cooperativa que xestionada pola Apa encárgase de mercar o material que os alumnos precisan para o curso escolar, excepción feita dos libros de texto. - Colaboración nas actividades do centro: Os pais e nais colaboran normalmente dunha forma activa en tódalas actividades colectivas que se realizan no colexio participando coa súa presencia en moitas delas: Entroido, Festivais, Nadal ...
|