|
|
|
| 1.- Modelo Lingüístico Partindo de que a meirande parte do alumnado ten como primeira lingua o castelán promóvese un modelo de inmersión en galego para que ó remate do ensino primario haxa unha utilización normal das dúas linguas. Para conseguilo establécese o seguinte: - Educación Infantil: castelán con apoio oral en galego - Primeiro e Segundo ciclos: Coñecemento do medio, matemáticas e artística en galego - Terceiro: A maioría das materias en galego 2.- O Centro como colectivo Consideramos que o colexio é un grupo e non unha suma de unidades independentes. En consecuencia faise unha programación conxunta e organízanse actividades colectivas ó longo do curso escolar: xornal escolar, revista en Internet, celebracións diversas, conmemoracións, saídas, festivais, proxecto Comenius ... 3.- Preocupación polos contidos transversais A consideración da educación como algo que va moito máis alá dos contidos científicos lévanos a dar importancia ós seguintes aspectos que se traballan colectivamente: Os dereitos humanos e a educación para a paz; as tradicións; a educación para a saúde e o consumo; a liberdade de crencias relixiosas; a igualdade de homes e mulleres ... 4.- Promoción de actividades extraescolares A decisión de optar pola xornada continuada en horario de mañá leva implícita a adopción de medidas para favorece-la utilización do colexio para actividades complementarias, de ocio e formación. En colaboración co concello de A Coruña o colexio está desenrolando un proxecto de actividades co nome de "Luditarde" consistente en que os alumnos acuden ó centro tódolos días de 4 a 6 da tarde e son atendidos por educadores que conxuntamente realizan unha serie de actividades centradas nun bloque temático cada trimestre. 5.- Utilización das novas tecnoloxías A importancia para o presente e o futuro do dominio das novas tecnoloxías lévanos a impulsar a súa utilización por parte do noso alumnado que dispón dunha moderna aula de informática para traballar con estes novos medios de información e formación. Ademáis de diferentes programas informáticos relacionados coas diversas materias os alumnos teñen acceso a Internet e aprenden a manexar as ferramentas básicas do ordenador. 6.- Promoción das saídas e visitas O coñecemento do contorno e a posibilidade de ampliar a información e formación recibida no centro escolar lévanos a favorece-las saídas educativas. Impúlsase a participación en diferentes programas e visitas: Descubrir Coruña, concertos didácticos , visita ós diferentes museos da cidade, teatro, bibliotecas, rutas urbanas, educación vial ... 7.- Relación coas familias dos alumnos O colexio da cumprida información ás familias dos alumnos de todo aquilo relativo á organización e funcionamento do colexio, realiza reunións periódicas ó longo do curso escolar e establece unha hora semanal para entrevistas cos profesores (os luns de 5'30 a 6'30). Tamén promove a realización de actividades colectivas e estimula a participación dos pais e nais nelas.
|