|
|
|
|
Ó inicio de cada curso esclar o profesorado de cada ciclo fai unha programación das diferentes saídas e visitas que se van realizar durante o ano. A maioría das visitas son gratuitas, non así o transporte, que deben abonar as familias. No mes de outubro entrégase unha información con todas as saídas programadas que os pais e nais deben asinar para dar a súa conformidade ás mesmas, servindo esta autorización para todas elas. Entre as saídas que se programan normalmente destacamos: - Representacións de teatro infantil e xuvenil - Programa Descubrir Coruña: Aeroporto, Panificadora, Porto, Hipermercado, Bonilla, Limpeza viaria - Casa das ciencias, Domus e Aquarium - Biblioteca Municipal do Forum do Parque Europa - Concertos didácticas da orquestra de Galicia - Rutas urbanas animadas: Praza María Pita e Xardíns de Méndez Núñez - Programas de educación vial e educación ambiental - Excursións de fin de curso - Viaxe de fin de estudios de sexto curso
|