Hércules na nave dos Argonautas

(Gonzalo Viana)

Hércules e a viaxe dos Argonautas.

Despois de facer o cuarto traballo para Euristeo, Hércules, sen permiso deste, acompañou a Xasón na súa viaxe ata a Cólquide para conquistar o vélaro de ouro.

Estando en alta mar rompeulle un remo, polo que cando chegaron ao país dos misios Hércules dirixiuse a un bosque onde arrincou coas súas mans un pino.

Pero alí o seu compañeiro Hilas foi arrastrado ao fondo das augas por unha ninfa que se namorou del, polo que Hércules andivo buscandoo mentras berraba con desesperación, e Xasón, aproveitando un vento favorable, deixao na illa e prosegue a súa viaxe, sabedor de que Hércules ten que realizar os doce traballos para ascender á categoría dos inmortais.