 |
A Torre de Hércules é
un faro bimilenario que aínda está operativo. No
seu entorno hai un auténtico museo ao aire libre, con
obras de escultores, case todos galegos. Desenrólanse
nel, case exclusivamente, dous temas: a loita de Hércules e Xerión
e o mundo celta. Hércules aparece representado sobre a
barca dos
Argonautas, coa maza e a pel de león, e podemos ver
tamén a Copa do Sol sobre
a que navegou cara a Fisterra. A loita contra Xerión e
o levantamento do Faro cóntanolo Paco Leiro a través
dos relevos que hai nas portas da Torre. Mentres que o tema céltico
exponse non só nas portas senón tamén coas
figuras de Breogán e diversos personaxes ártabros.
Outras esculturas, como Caronte, a Caracola ou un menhir pentecefálico
complementan o conxunto. |
|
Preto do Instituto de Adormideras, xunto
ao cemiterio dos Moros (durante a Guerra Civil enterrábase
nel aos soldados musulmáns) están uns menhires,
de Manolo Paz, un verdadeiro templo laico, desde onde se
pode comenzar un privilexiado paseo, pautado por evocacións
históricas e míticas. |
 |
 |
Adornan esta zona unhas pequenas calas
, e sobre todo a praia de San Amaro,
que se integra no entorno mediante unha escalinata de pedra,
mentres as nítidas augas do Atlántico reposan aos
pés do Instituto |
|