Hoxe estamos aquí para condenar o brutal atentado ocorrido onte en Madrid. O cruel ataque perpetrado por aqueles que pretenden impoñe-las súas ideas pola forza por riba das persoas a e democracia.

Diría que toda esa xente que morreu nas estacións de "Atocha", "el Pozo del tío Raimundo" e "Santa Eugenia" non tivo culpa do ocorrido, que é xente inocente. E é verdade. Pero, ¿quén ten culpa do ocorrido?, ¿quén merece a morte por non compartir as ideas doutros? Creo que a resposta é moi, moi clara: Ninguén.

Aínda que sexa eu quen neste momento estea falando, todos condenamos con tóda-las forzas á violencia, ás mortes, á extorsión e , por suposto, ó terrorismo.

Nestes momentos, todos debemos unirnos. Non podemos acobardarnos, non podemos escondernos. Debemos permanecer xuntos e dicir en voz alta o que pensamos ante a mesma causa. Non podemos deixarnos abasallar por aqueles que pretenden impoñe-las súas ideas (que, tristemente, se remiten á política ou á relixión).

Non condenamos ó atentado de onte. Condenamos todos os atentados, todas as imposicións da violencia ocorrida en todo o mundo.

Todos dicimos agora, con todos as nosas forzas e sen medo:

¡Non a violencia!

¡Non o terrorismo!

Adrián Prado-Bacharelato