Actividades do Nadal 04-05


O último día de clase antes das vacacións de Nadal os alumno deste centro pasaron as dúas últimas horas de clase uns vendo o torneo de fútbol sala e outros asistindo ás actuacións teatrais.

Aquí tedes unhas imaxes do torneo e tamén das actuacións teatrais.

2º e 3º ESO Os dou 4ºs ESO 2 Os dous 4ºs ESO 1º e 2º Bacharelato

teatro

O curso que gañou o torneo foi 3º de ESO que se impuxo por 4 tantos a 1 ante 4º de ESO.

Pero tamén hai que ter en conta que 4º de ESO xogou 2 partidos seguidos sen descanso ningún.

Os cursos que quedaron eliminados na 1ª ronda foron: 1º de Bacharelato, 2º de ESO e un segundo equipo que se formou en 4º de ESO por haber demasiados xogadores que quixeron participar.

En canto as actividades no salón de actos tiveron lugar bailes, alumnas tocando a flauta e actuacións teatrais.

Envíame un E-mail

Visita a páxina do centro