Ciclo vital de Bombyx mori


Bombyx mori é un Lepidóptero, cunha grande importancia industrial, xa que a súa eiruga ten a capacidade de producir miles de metros dun finísimo fío chamado seda. A cría destes organismos para a producción industrial deste producto chámase sericultura.

O ciclo evolutivo desta bolboreta dura uns 60 días, e comprende o nacemento, desenvolvemento da eiruga, formación do casulo, bolboreta, cópula, posta de ovos e morte.

Os ovos (1), poden alcanzar ata 1 mm de diámetro. A casca é quitinosa e perforada en toda a súa superficie por canais microscópicos, que permiten a respiración do embrión. Dende que nace, o gusaniño duns 3 mm (1), comeza a xantar xa con voracidade a folla de moreira, o seu alimento durante toda a fase de eiruga. Este verme sofre varias mudas no seu crecemento, cambiando en cada unha delas a pel anterior.

Ós 25 días a larva (2) a alcanzado unha lonxitude de 8 cm; cada dous días duplica o seu tamaño e peso.

Cando a eiruga está madura busca un lugar seco para fabricar o capoullo. Entón comeza a tecer a súa caixa, ó redor súa (3), dándolle forma de “8” cos movementos da súa cabeza. O final queda constituído o casulo (4) e (5), e pasa a unha etapa de sono profundo. Formase por tanto a crisálida.

A crisálida transfórmase en bolboreta o cabo de vinte días (6). Esta para saír afuraca o casulo rompendo os fíos de seda. O macho busca a femia e procede a cópula. Pouco despois de poñer os ovos a femia morre.