Adormideras baixo o microscopio



O mércores, 31 de xuño ás 19 horas o Ies Adormideras inaugurou a exposición Adormideras baixo o microscopio” realizada polos alumnos do instituto baixo a dirección do catedrático do Departamento de Bioloxía Carlos Pérez Valcárcel. Esta exposición foi un traballo levado a cabo durante os últimos anos e consiste na recompilación de imaxes de microorganismos de augas doces como fitoplacton e zooplacton no que se inclúen os cinco reinos: moneras, protistas, fungi, animais e vexetais. Tamén se investigou o comportamento no referente a relacións co medio e a súa produción.


Agradecemos a presenza na inauguración do Delegado de Educación , Pedro Armas Diéguez, do Concelleiro de Cultura, Carlos González Garcés, e de tódolos compañeiros, compañeiras e amigos en xeral que asistiron a dita inauguración.


A exposición pódese visitar no instituto a calquera hora que coincida co horario escolar.

Animámosvos a todos aqueles interesados que se acerquen a vela.