Xénero Paramecium




É un dos organismos máis frecuentes da auga doce. Ten forma de pantufla e mide polo xeral 250 m, aínda que hai especies de maior tamaño. A súa membrana está totalmente recuberta de cilios implantados con gran regularidade . Nun lado atópase unha abertura en forma de funil, o citostoma , que está tapizado por cilios máis longos cós que revisten o resto do corpo e que crean remuíños na auga cos que arrastran ata esta estructura os nutrientes a través dun delgado conducto chamado citofarinxe. No seu extremo terminal orixínase un vacúolo dixestivo . Como tódolos infusorios o Paramecio presenta un micronúcleo difícil de ver e un macronúcleo elipsoidal . Os productos residuais elimínanse mediante elementos excretores altamente eficientes, os vacúolos pulsátiles , que actúan como riles, depurando o organismo e contrarrestando os efectos da hipertonía citoplasmática.

Os Paramecios viven en augas doces estancadas ou con pouca corrente ricas en substancias nutritivas.