Rotíferos


Son animais co corpo dividido en tres partes; anterior, torácica e pedia.

Na parte anterior ou cefálica posúen un aparato rotatorio ciliar que é a característica distintiva do grupo. Serve para transporta-lo alimento cara a boca, para a locomoción e para a renovación da auga ó redor do animal.

O pé é unha extensión posterior estreita, rematado en dous dedos máis ou menos longos.

O corpo está cuberto dunha cutícula ornamentada, que oscila entre un recubrimento sólido (loriga) e unha pel flexible.

Outra característica distintiva é o seu poderoso aparato mastigador ou mástax que é unha farinxe musculosa que actúa como unha trituradora

Son organismos de vida ceibe moitos dos cales son hábiles nadadores polo que poden ser localizados en todo tipo de hábitat.