Os tecidos vexetais


A vida orixinouse na auga e o medio terrestre presenta condicións moi diferentes, ás que os vexetais deben dar resposta adaptándose ás dificultades. O aspecto externo dun vexetal é a expresión da súa anatomía interna, é dicir, da organización dos distintos tecidos, que permitíu un alto grado de especialización e división do traballo entre as distintas células.


(1), (2) Epiderme: É un tecido protector de órganos novos, que impide as perdas de auga pola superficie.


(3) Súber: Sustitúe a epiderme en órganos vellos.


(4) Cristais de oxalato cálcico.


(5) Parénquima clorofílico: Encárgase da fotosíntese.


(6) Estomas: Órganos relacionados coa transpiración e o intercambio de gases.


(7) Parénquima de reserva: Encárgase de acumular sustancias de reserva, sólidas ou líquidas.


(8) Pelos ou tricomas: Son formacións epidérmicas con variadas funcións.


(9) Xilema: A súa función é o transporte de saiva bruta dende a raíz ás follas.


(10) Tecidos de sostén: dan consistencia ó vexetal permitindo que se manteña erecto.


(11) Esclereidas: Son células pétreas situadas nalgúns froitos.


(12) Meristemos primarios: Encárganse do crecemento en lonxitude do vexetal.


(13) Bolsas de secreción lixísenas: Utilizadas para a excreción de sustancias.