VISITA A FACULTADE DE BELAS ARTES, ESCOLA DE RESTAURACION E CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORANEO

Os alumnos e profesores do I.E.S. DURMIDEIRAS de A CORUÑA fixeron unha visita o martes, 26 de febreiro de 2002, á  FACULTADE DE BELAS ARTES, ESCOLA DE RESTAURACION E CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEO.

 

 

 

 

 

Os profesores que acompañaron ós alumnos nesta visita foron Indalecio Vázquez, Ana Pita, Maria Luisa García e José-Eulogio Rouco. Tamén foron a este visita os profesores de NEW CASTLE, Chris e Margaret, que estaban pasando unha semana en Coruña.

 

 

 

 

 

 

 

Na Facultade de Belas Artes visitaron varias aulas en compañía do Vicedecano e estiveron falando con alumnos que se encontraban traballando naqueles momentos e cós seus profesores.

Resultaron especialmente interesantes os traballos dos alumnos de cuarto e quinto de pintura.

 

Na Escola de Restauración o Xefe de Estudios dedicounos unha especial atención, explicando en que consistían os planes de estudio., os requisitos para entrar na Escola, etc. Entramos no interior de cada aula e explicáronnos o proceso de realización e desenvolvemento da actividade que realizaban os alumnos nese momento en cada asignatura.

 

 

 

A volta paramos en Santiago de Compostela para visitar o CGAC. Alí formáronse dous grupos, que foron guiados por personal do Centro.

 

 

Un dos grupos quedou especialmente satisfeito pola motivación dada como guía, xa que fixo participar ós alumnos dun xeito crítico, buscando que emitisen xuicios de valoración.