CONCERTO DE MÚSICA FOLK

 

O luns día 13 de maio pola tarde houbo un concerto de música dado polo grupo de folk da Escola de Música do Concello.

Foi unha tarde magnífica e pasámolo moi ben. ¡Que veñan máis tardes así!

É unha maneira lúdica de commemorar o Día das Letras Galegas, que debe sr para todos nos unha festa, a da exaltación da nosa lingua e cultura. Pero non debe rematar niso, na festa, senón nunha vontade de recuperar a nosa lingua, tanto a nivel individual como colectivo.

Dores Gómez (membro da equipa de Normalización Lingüística)