LIBERTAD

             Esta obra está representada polo conxunto  dos grupos  Achiperre, La Guimbarda du Sable e Tthéatre du Sable para xoves a partir de 12 anos.

A obra de teatro Libertad, que foi representada o mércores 6 de novembro no Teatro Rosalía de Castro, relátanos unha  historia basada nas Revolucións Comuneiras de Castela. A historia xira ao redor dun cadro pintado por Francisco, un pintor dun pobo, que relata a historia  do  seu pobo e como reacciona este ante  a revolución. Hai situacións de ledicia, de opresión, de pobreza e miseria.

             Un dos valores que resaltan é o cambio que sofre Francisco, que pasa de ser unha persoa que esquiva a revolución pensando só en se mesmo a coller valor para pintar as inxustizas  que son cometidas contra as personaxes que el aprecia.

            Os personaxes da historia son Francisco, o pintor do pobo; Juana, a pousadeira; Álvaro, o fidalgo que se une á revolución; Catalina, a servente que aviva  ó sentimento revolucionario; o alcalde do pobo; Raúl, o mercader e os feirantes flamengos que fan propaganda do emperador.

            Con obras como esta , ademais de conseguir o pracer do teatro, fan que nos informemos máis dos acontecementos históricos.

 

 

Mateo Alvarellos Rodríguez- Navas  1º Bach. D  

http://www.accioneducativa-mrp.org/teatro/teatro2/libertad.htm