Dende o día 13 de novembro o rumbo da Galicia cambiou. E nós, estudiantes galegos, non podemos quedar insensibles ante a traxedia do noso mar.

Hoxe, o IES Durmideiras quere solidarizarse con todas as persoas que viven dun xeito directo ou indirecto este drama.

Hoxe, nós temos tristemente adornado o centro cos nosos traballos, cos nosos murais, coas nosas esculturas pero tamén coa nosa ador e coa nosa raiba porque mar somos todos

E este mar profundo e azul hoxe está de loito. Como dixo Manolo Rivas, todos temos petroleadas ata as praias da nosa alma

Por iso, con este acto simbólico queremos mostrar a nosa indignación e a nosa tristura polo que está acontecendo.

Hoxe somos todos un berro que quere gritar agora e sempre