A CASA DAS ABELLAS

A esta visita foron todo-los alumnos da E.S.O. do I.E.S. Durmideiras da Coruña o día 15 de Decembro de 2004. Ó principio explicáronnos que cada flor daba un mel distinto. E alí tiñan varias para ensinarnos. Despois desta explicación dividíronnos en dous grupos: 1º; 2º; Déborah e Sabela foron con Manola e 3º e 4º con Flor.




Eu estaba no segundo grupo e nos tocou vestir de apicultores primeiro. Coma os da foto superior. E fomos ver os panales das abellas con Suso. Este foi o noso guía para velas. Explicounos moitas cousas interesantes e tamén se clavou agullóns delas. Despois de ver-los panais, fomos con Isabel e ela explicounos como era o proceso de extración da mel dos panais.



A CASA DAS ABELLAS