A NOSA ESTUPENDA VISITA POLA RÍA DE MUROS.


En maio fomos de excursión por Muros. Pola mañá navegamos en barco por esta estupenda ría. Algúns de nós nunca estiveramos en Muros e, francamente, quedamos admirados do marabillosa que é esta paisaxe. Como o día o permitía (foi un día de sol espléndido!), comemos na praia do Ancoradoiro e despois tomamos un pouco o sol pola praia e as rochas. Máis tarde visitamos o famoso hórreo de Carnota e abalamos a pedra na Virxe da Barca ( Malpica).