Dentro do programa “ Prensa –Escola “ da Voz de galica, estamos traballando unha vez á semana co xornal na clase. A Voz de Galicia envíanos , tódolos xoves o periódico, e traballamos as noticias con el.
   Onte fixemos o traballo: “ A cidade das doce portas” . Cada porta era unha palabra que facía referencia a un valo: xustiza, solidariedade, liberdade, vida, medio ambiente...      
       Tiñamos que buscar unha noticia que fixera referencia a unha destas doce palabras e explicar por qué nós considerabamos que a noticia elixida exaltaba ou facía algunha referencia á palabra  
 É un método práctico e agradable de informarnos das cousas, de estudar lingua e saber cuestións sobre o mundo.