|
Departamento de Economía |
|||||||||||
|
|
||||||||||||
|
A economía interesa
á
sociedade en xeral debido a problemas tan importantes como o paro, a
inflación, o desenvolvemento dos países, a
emigración,
o medio ambiente ou a globalización. As persoas, de forma
individual, ven inmersas en cuestións, tais como subidas de
prezos, posibilidade de pedir préstamos para financiar
vivendas, procura dun posto de traballo adecuado, pago de impostos,
etcétera, e desexan ter instrumentos para analizalos con
propiedade. |
![]() |
|||||||||||
| Por todo iso, na actualidade é necesario dispor duns coñecementos básicos sobre economía para poder entender o mundo en xeral e poder solucionar con máis éxito os seus problemas persoais. | ||||||||||||
![]() |
É necesario, xa que logo, introducir nos currículos dos alumnos que cursan bacharelato, unha materia que achegue solucións aos problemas citados. A economía debe axudarlles a ter unha visión máis ampla da sociedade actual, se queremos que no futuro os actuais mozos entendan, participen e decidan as solucións mellores aos problemas que se lles presentarán. |
|||||||||||
| Podes ver aquí as ACTIVIDADES organizadas polo Departamento. | ||||||||||||
|
|
||||||||||||
|
IES
Adormideras Juan Sebastián Elcano, 24. 15002 A Coruña Tlfno 981-220-512. Fax 981-222-939 Actualizada 04/2008 |
|||||||||||