Estructura dos Dereitos Humanos

Escolle unha das características da dereita
Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado
Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade
Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e a seguridade da súa persoa
Toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e asociación pacifica
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos
Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado
Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, a súa familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia
Toda persoa ten dereito sen discriminación algunha, a igual salario por traballo igual
Toda persoa ten deberes respecto da comunidade, posto que só nela pode desenvolver libre e plenamente a súa personalidade
Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser grauita, polo menos no concernente á instrucción elemental e fundamental.
Toda persoa ten dereito ao descanso, ao goce do tempo libre, a unha limitación razoable da duración do traballo e vacacións periódicas pagas.
Todo ser humano ten dereito, en todas partes, ao recoñecemento da súa personalidade xurídica.
Todos son iguais ante a lei e teñen, sen distinción, dereito a igual protección da lei.
Toda persoa acudada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia, mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público.
A familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección do Estado.
Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis ou degradantes.
En caso de persecución toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del, en calquera país.
Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo ante os tribunais nacionais competentes, que a ampare contra actos que violen os seus dereitos fundamentais recoñecidos pola constitución ou pola lei.
Toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente.
Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes libremente escolleitos.