Benvida                   
  Física 2º BAC         
  Química 2º BAC    
  FQ 1º BAC             
  FQ 4º ESO              
  DCC 4º ESO          
  IEE 4º ESO            
  FQ 3º ESO              
  FQ 3º ESO (SB)     
  CN 2º ESO (SB)     
  CN 1º ESO (SB)     
  Seccións Bilingües  
  IES Adormideras   
  Moodle                    
  Web Ed. Municipal
  Portal Educ. Xunta


linux
Haino de varios sabores
Pásate a Linux!


ubuntu

opensuse

fedora




Feito con
KompoZer

Made with KompoZer


OpenOffice
Use OpenOffice.org



Weather Forecasts
Weather Maps - Weather Radar



IES Adormideras
Departamento de Física e Química


Benvidos/as ao sitio web do Departamento de Física e Química do IES Adormideras. Anque este sitio está en construción, xa dispón de algunhas funcionalidades implementadas que poderás explorar á túa conveniencia, tanto para obter información, como para axudarche cos teus estudios.

Recorda que mentras navegas polo sitio, poderás voltar sempre a esta páxina inicial pulsando o botón de benvida na esquina superior esquerda de cada páxina.

O primeiro que poderás consultar desde aquí, é a programación didáctica do departamento. Nela atoparás información importante como:

  • Procedementos e instrumentos de avaliación

  • Criterios de cualificación

  • Sistema de recuperación

  • Recuperación de materias pendentes e non cursadas

  • Obxectivos da materia que vas cursar

  • Criterios de avaliación da materia a cursar

  • Mínimos esixibles na citada materia

  • Libro de texto adoptado

  • Lecturas recomendadas dentro do "Proxecto Lector"

Utilizando os botóns da esquerda, terás acceso rápido ás páxinas básicas deste sitio web. Moitas delas corresponden ás diferentes materias impartidas por este departamento. Nelas poderás encontrar información sobre a asignatura, traballos ou tareas a realizar, traballos feitos por outros alumnos e alumnas, e mesmo as calificacións obtidas ata o momento. Outros sitios de interese accesibles desde os botóns citados son:

  • Páxina das seccións bilingües do IES Adormideras. Varias asignaturas deste centro, entre elas algunhas deste departamento son impartidas en inglés seguindo o proxecto CLIL da Unión Europea.

  • Páxina principal do IES Adormideras. Dende ela terás acceso a outros departamentos didácticos do centro, poderás reservar praza ou matricularte on-line, acceder ao blog de Adormideras, á galería de fotos, á revista Mapoula, etc.

  • Plataforma educativa Moodle.

  • Web educativa municipaldo Concello da Coruña con moitas actividades educativas, información e ligazóns útiles. Destacan as seccións axenda educativa, actividades municipais relacionadas coa educación, boletín educativo, información sobre becas, etc.

  • Portal educativo da Xunta de Galicia, dende o que poderás acceder a toda a información educativa relacionada con Galicia.

Outras ligazóns útiles



IES Adormideras
Juan Sebastián Elcano, 28. 15002 A Coruña
Tlfno 981-220-512. Fax 981-222-939
Actualizada 06/2008