AS AVENTURAS DE HÉRCULES

 NO ENTORNO ARTÍSTIC0

DO

 I. E. S.  ADORMIDERAS

                                                                                           ( polo Seminario de Grego)

 

1

 

O polígono de Durmideiras serve de pórtico a un auténtico museo ao aire libre, que ten como centro á Torre de Hércules, o faro en activo máis antigo do mundo.

Temática :

Aventuras de Hércules

Mundo celta 

       Mundo mariño e outros

 

       Vexamos, pois, como as lendas gregas sobre Hércules  continúan o seu desenrolo ao amparo da súa Torre.

 

 

I.E.S.Adormideras

 

 

Aventuras de Hércules

     O prototipo de heroe grego é Heracles, coñecido baixo o nome latino de Hércules. Considerada ás veces a súa imaxe como a encarnación da forza bruta que triunfa sobre todos os obstáculos, simboliza mellor a forza unida á bondade,  o home laborioso e humilde, o xusto sometido á tiranía do covarde e do malvado.

2Hércules

                                       Paco Leiro (Cambados)

       

       Fillo de Zeus e da mortal Alcmena, neta de Perseo, Hércules vai  sufrir ao longo da súa vida o odio de Hera, muller de Zeus.          

       Hércules identifícase por ter como vestimenta unha pel de león e unha maza. A pel era do león do Citerón, de pel invulnerable, e que  Hércules esganou coas súas mans.

3

Hércules na nave dos Argonautas.

                   Gonzalo Viana (Bilbao)

         Hércules acompañou a Xasón na súa viaxe ata  a Cólquide para conquistar o vélaro de ouro, aínda que  no terminou a viaxe pois quedou nunha illa buscando a seu amigo Hilas, mentres Xasón proseguía a viaxe.

4

Hidra de Lerna.  Fidel Goás Mendes

     Por matar aos seus fillos, o Oráculo de Delfos esixiulle a Hércules entrar ao servicio do rei Euristeo, que lle encomendou doce traballos. O primeiro foi matar o león de Nemea e o segundo matar a hidra de Lerna, animal de nove cabezas  das que quizais unha era inmortal. Ao cúrtallas, o seu sobriño Iolao queimáballe o miñón para que non se reproduciran de novo, e a derradeira púxoa  debaixo dunha gran pedra.

5

Caronte   Ramón Conde (Ourense).

 

Outro traballo de Hércules consistiu en ir ao Hades (Mundo dos mortos) e traer ao Can Cérbero que estaba na súa entrada impedindo a saída dos que alí entraban. Pero para ir ata alí había que atravesar a lagoa Estixia coa axuda do barqueiro chamado Caronte, quen cobraba un óbolo a todo aquel que quería pasar.

6Copa do Sol  

Pepe Galán

   Outro traballo foi a captura dos bois do rei Xerión, polo que tivo que desprazarse “máis alá do Universo humano”. Para iso tivo que esixirlle ao Sol a súa copa na que este se desprazaba pola noite desde Occidente ata Oriente, por onde saía de novo ao día seguinte.

7

Ara Solis. Silverio Rivas (Ponteareas)

 

O Sol, cando remataba o día, afundíase no mar en Fisterra, onde tiña un altar, o Ara Solis. Alí acudían moitos peregrinos, e mesmo Décimo Xuno “o Galaico”, no 150 a.C., non quixo retornar a Roma, sen antes ver tal espectáculo.

8

Gardiáns. Soledad Penalta (Noia)

 

     O xigante Xerión tiña tres cabezas. Nesta obra , realizada en cortén, vemos as tres cabezas que emerxen da terra.

9

Loita entre Hércules e Xerión.

(Portas de la Torre). Paco Leiro

Na súa loita contra Xerión, Hércules matou primeiro ao seu criado Euritión e ao seu can na Illa de Ons. Logo perseguiuno ata as costas coruñesas, onde  Xerión, cansado, subiu ao cume da península da Torre, e agachouse debaixo da barca. Hércules adiviñou onde se ocultaba e loitaron a morte. Loitaron durante tres días e as súas noites..

10

Combate entre Hércules e Xerión. (Obra baseada nun cadro abstracto de igual título)

Tim Behrens (Londres) e Xosé Espona (A Coruña)

       Ao fin, Hércules decapitou a Xerión, enterrando a súa cabeza (presente no escudo da cidade). Logo fixo unha fogueira en honor de Zeus (Xúpiter), e aquela fogueira deu orixe ao actual Faro.

11

Porta da Torre (detalle).Paco Leiro

Mais tarde, Hispan, sobriño de Hércules,  acabaría de construír a Torre, mandando poñer sobre ela un gran espello para divisar nel as naves que se achegaran por mar para guerrear. Sería, máis adiante, destruído por xentes que disimularon as súas naves con ramallos, para que pareceran illas.