Redes de computadores: Internet

Introducción

Concepto de rede

Conxunto de nodos e enlaces sobre o que se montan servicios.

Nodo
Dispositivo de comunicación que permite usar ou proporcionar servicios, datos, etc. na rede.

Os nodos clientes, acceden a recursos ou servicios e os nodos servidores, proporcionan eses recursos ou servicios.

Enlace
Medio ou sistema que permite a comunicación entre dous nodos.
Servicio
Prestación ofrecida por sistemas de tratamiento de información que satisface las necesidades de entidades o del público en general.

Arquitectura de rede

Conxunto de protocolos e capas que permiten a comunicación entre ordenadores.

Pila de protocolos (Protocolo Stack)

Lista de protocolos usados por un sistema.

Protocolo

Chamase protocolo de rede ou protocolo de comunicación ó conxunto de regras que definen a secuencia de mensaxes que ocorren durante unha comunicación entre entidades que forman unha rede, así como o formato de tales mensaxes e as características que ten a comunicación mediante dito protocolo.

Rede de conmutación de paquetes

Tipo de rede na que non se reservan recursos de rede ó longo de toda a infraestructura de rede, para a comunicación entre dous nodos concretos, senón que todos os recursos están dispoñibles para todas as comunicación que circulen por esa rede e hai que competir por eles.

Un paquete é unha unidade fundamental de transporte de información través dunha rede. Conmutación de paquetes, é o proceso mediante o que un portador separa os datos a enviar en paquetes dun tamaño determinado. Cada paquete etiquetase cos enderezos de orixe e destino, ademáis da información necesaria para poder unir os datos que transporta con aqueles dos que foi separado en orixe e viaxaron en paquetes distintos, cos que formaba un conxunto antes de ser transmitidos. Este proceso permite que paquetes con distintos orixes e distintos destinos, se mezclen nas mesmas liñas de comunicacións e sexan clasificados e dirixidos cada un a súa ruta correspondente.

Exemplos:

Correo ordinario. O documento que se desexa enviar (información) métese nun sobre (paquete), que se etiqueta coa dirección do destinatario (destino), coa dirección do remitente (orixe), e envíase a unha oficina donde se clasifica por destinos, xunto con moitos outros sobres, nun proceso no que se pode perder ou destruir.

Video introductorio



Seguinte