Redes de computadores: Internet

Niveis ou capas de rede: Funcións fundamentais na comunicación

Introducción

A estructura dunha rede está composta por capas ou niveis, que se comunican entre elas de forma adxacente. Cada unha realiza un cometido dentro do proceso de comunicación, apoiandose nas funcións que lle proporciona o nivel inferior e proporcionando funcións ó nivel superior.

Cada protocolo de comunicación traballa nunha capa, realizando as funcións que se requiren dela, e proporcionandolle unhas características ou funcións determinadas, que afectarán ó nivel superior, xa que este estará supeditado as características e función do nivel inferior.

Representación das capas TCP/IP

Niveis do modelo TCP/IP
Aplicación
Transporte
Rede
Enlace
Física

Capa física

A súa función é transmitir sinais portadoras de datos entre dous extremos directamente conectados a través dun medio físico, como poden ser: Un cable, unha fibra óptica, o aire, o vacío, etc.

Capa de nivel de enlace

Está formada pola tarxeta de rede e o seu driver. O seu cometido consiste en que a información circule, libre de erros, entre dúas máquinas directamente conectadas. Para esto realiza, principalmente as seguintes funcións

Nivel de rede

O seu obxectivo fundamental é que os datos se transmitan dunha orixe a un destino, ainda que non estean directamente conectados. Para isto ten unha serie de características que se deben configurar. Desta maneira a rede dividese en subredes, cada unha cunha dirección de rede única. Cada máquina dentro de cada subrede tamén ten unha dirección única. Entón o que falta é unir todas as subredes entre sí e transmitir cada paquete dunha subrede a outra ata chegar ó seu destino. Isto é o que se coñece como enrutamento, encontrar un camiño entre un orixe e un destino, que non están directamente conectados, é dicir, pertencen a subredes diferentes.

Nivel de transporte

O seu obxectivo fundamental é o translado de datos de un orixe a un destino libre de erros. Iso é o mínimo esixible, pero dependendo do protocolo que se utilice a este nivel, as características é funcións do mesmo poden ser moito máis amplias e interesantes.

Nivel de aplicación

É a capa de máis alto nivel, a que usan os programas para proporcionar e obter servicios nunha rede, comunicandose entre sí con protocolos particulares e usando os niveis inferiores como medio transparente de comunicación. É no nivel donde hai máis protocolos distintos e na que pode haber protocolos non estandarizados, que so precisan coñecer un orixe e un destino, que usan para a súa comunicación, xa que os niveis inferiores se encargan de que chegue esa información sen que coñezan o protocolo.


Seguinte