Introducción

Seguinte

¿Que é CSS?


CSS: solución a un problema común

As etiquetas HTML orixinariamente deseñáronse para definir o contido dun documento, é dicir, unha etiqueta <h1> diríalle ao navegador "Esto é unha cabeceira"; <p> diría "Esto é un parágrafo, etc. O navegador encargaríase de darlle forma ao abrir a páxina.

Os dous navegadores principais (Netscape e Internet Explorer) engadiron novas etiquetas e atributos (como a etiqueta <font> ou o atributo color) á especificación HTML orixinal. Desta forma uníuse o contido dos documentos HTML coa presentación dos mesmos.

Para resolver este problema, o World Wide Web Consortium (W3C) (consorcio internacional responsable de estandarizar o HTML) creou os estilos na especificación de HTML 4.0.

Os navegadores máis usuais soportan CSS, principalmente as últimas versións dos mesmos.


CSS pode aforrar moito traballo

As follas de estilos definen como se mostrarán os elementos HTML no navegador. Os estilos normalmente se gardan fun ficheiro .css. As follas de estilo externas permiten cambiar a apariencia de todas as páxinas da túa Web simplemente editando un único documento CSS

CSS é unha ruptura no deseño web xa que permite aos desenroladores controlar o estilo e estructura de múltiples páxinas web á vez. Podes definir un estilo para cada elemento HTML e aplicalo ás páxinas web que desexes. Para facer un cambio nun elemento, simplemente cambia o estilo asociado e todos os elementos na Web modificarán o seu estilo automáticamente.


Seguinte