Propiedades básicas

Anterior

Color de fondo, color de letra e tamaño do texto

As propiedades de fondos de CSS permiten controlar o color de fondo dun elemento, establecer unha imaxe como fondo, repetir unha imaxe de fondo verticalmente ou horizontalmente e posicionar unha imaxe nunha páxina.

Estas propiedades resúmense na seguinte táboa:

Propiedade Descrición Valores
background-color Establece a cor de fondo dun elemento nome da cor
valor hexadecimal da cor
color Establece a cor do texto no elemento nome da cor
valor hexadecimal da cor
font-size Establece o tamaño da fonte do elemento tamaño

Notas

Hai varias formas de especificar cores en CSS:

Nesta páxina tedes unha táboa coas cores máis habituais.


Exemplos

Establecer como fondo da páxina web a cor con valor hexadecimal #336699. O tamaño de letra é de 14pt.

body {
  background-color: #336699;
  font-size: 14pt;
}

Establecer como fondo de todos os parágrafos a cor vermella. O tamaño de letra en cada parágrafo é de 12pt.

p {
  background-color: red;
  font-size: 12pt;
}

O texto da cabeceira h1 será de cor rosa, e de 28 puntos de tamaño.

h1 {
  color: pink;
  font-size: 28pt;
}

O texto das táboas será de tamaño 10pt e de cor branca. A táboa terá unha cor azul de fondo.

table {
  color: white;
  font-size: 10pt;
  background-color: #191970;
}

O texto das listas será de cor verde.

ul {
  color: green;
}

O texto dos enlaces será de cor gris oscura e terá fondo gris claro:

a {
  color: #444444;
  background-color: #d3d3d3;
}

Anterior