Introducción

Seguinte

¿Que é un ficheiro HTML?


¿Que son as etiquetas?


Estructura básica dun documento HTML

A estructura básica dun documento HTML é a seguinte:

<html>
  <head>
    <title>Título da páxina</title>
  </head>

  <body>
    Contido da páxina HTML.
  </body>
</html>

A primeira etiqueta en calquera documento HTML é <html>. Esta etiqueta dille ao navegador que comeza un documento HTML. A última etiqueta no documento é </html>, que indica a fin do documento HTML.

O texto entre as etiquetas <head> e </head> contén a información de cabeceira. Esta información non se mostrará na ventana do navegador.

O texto entre as etiquetas <title> e </title> é o título do documento que se mostrará na barra superior do navegador.

Entre <body> e </body> atópase o contido que se mostrará no navegador. Coñécese como o corpo do documento.

Os saltos de liña (intros) que se introduzan ao editar o ficheiro HTML non serán tidos en conta polo navegador. Do mesmo xeito, múltiples espacios ou tabulacións serán interpretadas como un único espacio.

Exercicio

Abre un editor de texto simple, como o Notepad de Windows, o SimpleText de Mac ou o nedit/gedit de Linux e copia o código anterior.

Garda o ficheiro como "proba.html" e ábreo co teu navegador.


Seguinte