Etiquetas básicas

Anterior - Seguinte

Cabeceiras

HTML dispón de seis tipos de cabeceiras, é decir, seis tamaños de letra predefinidos que poden utilizarse para poñer títulos y subtítulos nos documentos HTML.

As cabeceiras defínense coas etiquetas <h1> ... </h1>, <h2> ... </h2>, <h3> ... </h3>, <h4> ... </h4>, <h5> ... </h5>; e <h6> ... </h6>. <h1> correspóndese coa cabeceira de maior tamaño e <h6> coa de menor tamaño.

HTML automáticamente engade unha liña en blanco extra tras cada cabeceira.

Exercicio

Copia o seguinte código no corpo (<body> ... </body>) do ficheiro HTML que creaches con anterioridade e comproba o resultado no navegador.

<h1>Esto é unha cabeceira</h1>
<h2>Esto é unha cabeceira</h2>
<h3>Esto é unha cabeceira</h3>
<h4>Esto é unha cabeceira</h4>
<h5>Esto é unha cabeceira</h5>
<h6>Esto é unha cabeceira</h6>

Parágrafos

Os parágrafos defínense coa etiqueta <p>...</p>. Antes e despois de cada parágrafo, HTML engade unha liña en branco extra.

Exercicio

Copia o seguinte código no corpo (<body> ... </body>) do ficheiro HTML que creaches con anterioridade e comproba o resultado no navegador.

<p>Este é un parágrafo</p>
<p>Este é outro parágrafo</p>

Saltos de liña

<br /> é a etiqueta que se utiliza para crear un salto de liña sen crear un novo parágrafo. É unha etiqueta sen contido, non ten etiqueta de peche.

Exercicio

Copia o seguinte código no corpo (<body> ... </body>) do ficheiro HTML que creaches con anterioridade e comproba o resultado no navegador.

<p>Este <br /> é un parágrafo<br /> con saltos de liña</p>

Formateado de texto

As etiquetas básicas de formateado de texto son as seguintes:

<b>Texto en negrita</b>
<i>Texto en cursiva</i>
<u>Texto subliñado</u>

Exercicio

Utiliza as etiquetas anteriores no documento HTML de proba.


Anterior - Seguinte