Enlaces

Anterior - Seguinte

A etiqueta de áncora e o atributo href

HTML utiliza a etiqueta  ...  para crear un enlace a outro documento. Este documento pode ser unha páxina HTML, unha imaxe, un ficheiro de son, unha película, etc.

A sintaxe para crear un enlace é a seguinte:

Texto ou imaxe mostrada no navegador

A etiqueta  utilizase para crear un enlace á url establecida polo atributo href. O texto ou a imaxe entre as etiquetas de apertura e de peche é o que se mostrará no navegador como hipervínculo.

Exemplos

Enlace a unha páxina web:

Google

Enlace a outro documento html situado no mesmo directorio que o ficheiro que estamos editando:

Segunda páxina

Enlace a unha imaxe situada no directorio "imaxes" que se atopa dentro do directorio onde está a páxina que estamos editando:

Foto de grupo

Enlace a un video situado no directorio "videos" que colga do directorio onde está a páxina que estamos editando:

Viaxe a Canarias

O atributo target

Co atributo target pódese definir onde se abrirá o enlace.

O seguinte exemplo abre o enlace nunha nova ventana do navegador:

Google

Exercicio

Inserta un par de enlaces na páxina HTML de proba.

Anterior - Seguinte