Listas

Anterior - Seguinte

Listas sen orde

Unha lista sen orde é unha lista de elementos. Os elementos da lista móstranse con viñetas (normalmente pequenos círculos negros).

Unha lista sen orde comeza cunha etiqueta
. Cada elemento da lista comeza coa etiqueta
. Podemos poñer tantos elementos da lista como desexemos.

Café

Leite

Desta forma móstrase no navegador:

Dentro dunha lista pódense incluir parágrafos, saltos de liña, imaxes, enlaces, outras listas, etc.

Exemplo

Ese sería o código HTML dunha lista que contén outra lista:

Café

Leite

Enteira

Semidesnatada

Desnatada

E así se mostraría no navegador:

Listas ordeadas

Unha lista ordeada tamén é unha lista de elementos, pero neste caso, cada un deles está marcado con números.

Unha lista ordeada comeza coa etiqueta
. Cada elemento da lista comeza coa etiqueta

Café

Leite

Así aparece no navegador:

1. Café
2. Leite

Ao igual que no caso das listas sen orde, dentro dunha lista pódense incluir parágrafos, saltos de liña, imaxes, enlaces, outras listas, etc.

Exercicio

Crea unha lista ordeada no teu documento de proba que conteña outra lista ordeada

Anterior - Seguinte