Táboas

Anterior

Partes dunha táboa

As táboas defínense coa etiqueta <table> ... </table>. Unha táboa divídese en filas (coa etiqueta <tr> ... </tr>) e, en cada fila, en columnas (coa etiqueta <td> ... </td>). As letras td significan "table data" (datos da táboa), que constituen o contenido de cada celda da táboa.

O número de filas dunha táboa (<tr>...</tr>) é ilimitado; o número de columnas (<td> ...</td>) tamén. Non obstante, debe haber sempre o mesmo número de columnas en todas las filas.

Cada celda dunha táboa pode conter texto, imaxes, listas, parágrafos, outras táboas, etc.

Exemplo

<table>
  <tr>
    <td>fila 1, celda 1</td>
    <td>fila 1, celda 2</td>
  </tr>
  <tr>
    <td>fila 2, celda 1</td>
    <td>fila 2, celda 2</td>
  </tr>
</table>

Que se mostraría da seguinte forma nun navegador:

fila 1, celda 1 fila 1, celda 2
fila 2, celda 1 fila 2, celda 2

O atributo border

Se non se especifica o atributo border, a táboa mostrarase sen bordes. Ás veces é útil, pero na mayoría das ocasións é necesario mostrar os bordes.

Para mostrar unha táboa con bordes, debemos utilizar o atributo border, que toma como valores números enteiros maiores ou iguales a 0, os cales indican o grosor de dito borde.

<table border="1">
  <tr>
    <td>Fila 1, celda 1</td>
    <td>Fila 1, celda 2</td>
  </tr>
</table>

A táboa anterior móstrase da seguinte forma:

Fila 1, celda 1 Fila 1, celda 2

Exercicio

Copia unha das táboas anteriores no documento HTML de proba e realiza as seguintes accións:


Anterior