Páxina realizada con Kompozer



W3Counter




  • Apt: (advanced Packaging Tool), sistema de xestión de paquetes creado polo proxecto Debian.

  • Bios: (Basic Input-Output System) Software moi básico que ten como misión localizar e recoñecer os dispositivos para cargar o sistema operativo na RAM.

  • Boot: 1) Sector dun disco de almacenamento onde se garda a información necesaria para o arranque do sistema.

  • Código fonte: é o texto que contén as instruccións do programa escritas na linguaxe de programación.

  • GNOME: (GNU Network Object Model Environment) Proxecto que desenvolve un entorno de escritorio e infraestructura de desenvolvemento para sistemas operativos Unix e derivados GNU/Linux, BSD ou Solaris.

  • GNU: (GNU is Not Unix) Proxecto ideado por Richard Stallman en 1983 co obxectivo de crear un sistema operativo compatible con Unix e libre.

  • GNU/Linux: Mistura de GNU e Linux. Aplicacións do sistema operativo máis núcleo.

  • Grub: (GRand Unified Bootloader) É un xestor de arranque múltiple que se utilizar para iniciar  dous ou máis sistemas operativos instalados no mesmo equipo.

  • Hardware: calquera compoñente físico tecnolóxico que traballa ou interactúa co ordenador.

  • Hostname: nome dado a un sistema anfitrión.

  • Imaxe de expansión dinámica: Dentro da máquina virtual permite instalar programas sen límite de espazo. 

  • Imaxe de tamaño fixo: O disco virtual terá o tamaño que se lle asigne.

  • Nautilus: Xestor gráfico de ficheiros de GNOME.

  • Linux: Kernel (núcleo) dos sistemas operativos GNU/Linux. Escribiuno Linus Torvalds en 1991.

  • Pdf: (portable document format) formato que almacena documentos, creado pola empresa Adobe Systems, que na actualidade é un formato aberto.

  • Pdftk: ferramenta que permite manipular arquivos pdf en liña de comandos.

  • RAM: (Random Access Memory) É a memoria na que o ordenador garda os datos que se están utilizando. Este almacenamento é temporal, polo que os datos e programas permanecen nela ata que o ordenador se reinicia ou apaga.

  • Proxecto Debian: asociación de persoas que crearon un sistema operativo libre, Debian/GNU/Linux.

  • Repositorios de Ubuntu: arquivos de software que almacenan os programas dispoñibles para instalar.

  • Root: É o usuario con máis privilexios dun sistema Ubuntu.. Ten todos os dereitos en todos os modos (mono e multiusuario)

  • Sistema operativo: Software que controla o ordenador, permite unha administración eficaz dos seus recursos e funcións, a execución doutro tipo de programas compatibles con el e a interacción co usuario.

  • Sistema operativo anfitrión: SO onde temos instalada a máquina virtual que nos permite executar outro sistema operativo simultaneamente.

  • Sistema operativo invitado: SO instalado coa axuda de virtualbox para traballar dentro dun SO anfitrión.

  • Software: conxunto de programas, instruccións e regras informáticas que permiten executar distintas tarefas nun ordenador.

    • De sistema ou de base: permítelle ao usuario controlar o Hardware e dar soporte a outros programas. Un exemplo de software de base é o sistema operativo.

    • De programación: dálle ao programador as ferramentas necesarias para realizar o seu traballo. (Compiladores, debuggers)

    • De aplicación: destinado aos usuarios finais para que realicen determinadas tarefas (antivirus, editores de texto, navegadores)

  • Software de código aberto: (Open source initiative OSI) Este software ofrece o código para estudalo ou modificalo previa autorización dos propietaios. Creado en 1988 por Eric S. Raymond, Bruce Perens e outros.

  • Tecla anfitrión: É a que realiza algunhas funcións cando utilizas  o sistema operativo instalado nunha máquina virtual. Adoita ser ctrl dereito.

  • URL: (uniform resource locator) enderezo que permite acceder a un arquivo ou recurso como páxinas html, php, asp.

  • Virtualbox: Software de virtualización que permite crear máquinas virtuais nas que correr sistemas operativos invitados de xeito paralelo ao noso sistema operativo anfitrión.

  • Virtualbox GuestAdditions: complementos que ao instalarse na máquina virtual incrementan o rendemento do sistema operativo invitado.

  • Xestor de paquetes Synaptic: interfaz gráfica para apt, desde a que instalar, eliminar ou actualizar os paquetes de software, xestionar os repositorios, etc

  

fontes:
http://doc.unbuntu-es,org
http://guia-ubuntu-org.
http://es.wikipedia.org/wiki


I.E.S. Adormideras
centro plurilingüe
Rúa Juan Sebastián Elcano, 28 - 15002 A Coruña
Tfno. 981220512  Fax 981222939