Páxina realizada con Kompozer
















    Pasos a seguir para poder imprimir nunha impresora conectada a un equipo que utilice Ubuntu como sistema operativo desde un equipo que use Windows.

En Ubuntu:

  • Ir a Sistema --> Administración --> Impresoras.

  • Desde o menú Servidor --> Configuración, activar  a casiña "Publicar as impresoras compartidas conectadas a este sistema"

  • Seleccionar a impresora que se desexe compartir e nas súas propiedades (pestana políticas) activar as casiñas "Activado, aceptando traballos, compartindo)

  • Aplicar.


En Windows

  • Utilizar o asistente "engadir impresora"

  • Seleccionar a opción conectar unha impresora de rede e logo "conectar unha impresora de internet ou dunha rede local ou oficina"

  • Ao escoller esa opción actívase a URL onde debe escribirse o seguinte:

    • http://hostname:631/printers/nomeimpresora

    • onde hostname é a ip do equipo que comparte a impresora (Ubuntu), e o nome da impresora é o que aparece nas propiedades da mesma no equipo de Ubuntu.

  • Aparecerá un listado desde o que seleccionar impresora e modelo.

    ¡¡a imprimir!!


fonte: www.doc-ubuntu.es




I.E.S. Adormideras
centro plurilingüe
Rúa Juan Sebastián Elcano, 28 - 15002 A Coruña
Tfno. 981220512  Fax 981222939