Páxina realizada con Kompozer
Document made with KompoZer










 

    
     Virtualbox OSE  (OPen Source Edition): software libre baixo licencia GPL que permite instalar sistemas operativos adicionais "invitados" de xeito paralelo ao noso sistema operativo anfitrión.

     Podémola instalar ben desde a consola, ben desde o centro de software de Ubuntu. Desta volta ímolo facer desde o centro de software. Abonda con escribir virtualbox OSE no cadro de búsqueda, premer para instalar, e terémolo en Aplicativos-->Accesorios.

    Antes de crear a máquina virtual, cómpre facer o que segue:
  1. Desde Sistema-->Administración-->Usuarios e grupos, escollemos a opción de Administrar grupos-->engadir e creamos un grupo ao que chamaremos vboxusers. Logo diso activaremos as casiñas dos usuarios que van traballar coa máquina virtual.
  2. Como root (Alf F2 --> gksudo nautilus) e seguindo a ruta: Computador--->sistema de ficheiros--->usr-->share-->virtualbox, crearemos unha carpeta co nome "HardDisks" para gardar nela a imaxe de disco virtual.
  3. Unha vez creada faremos click dereito co rato e dentro das propiedades, en permisos, adxudicaremos os seguintes: ao root crear e borrar ficheiros; vboxusers crear e borrar ficheiros, e outros, acceder  a ficheiros.
  4. Abrimos virtualbox, e desde ficheiros->preferencias, na pestana xeral, dentro do cartafol predefinido do disco ríxido, introducimos a ubicación dada como root no punto 2: computador->sistema de ficheiros->usr->share->virtualbox->HardDisks.
Creando a máquina virtual






  1. Prememos sobre nova para iniciar o asistente da máquina virtual.
  2. Na primeira pantalla darémoslle un nome e o sistema operativo a instalar, neste caso Windows XP (Imaxe 1)
  3. Logo diso deberemos escoller a memoria RAM que imos reservar para a máquina. Por defecto ofrécenos 192 Megas. Dependendo de para qué queiramos utilizala poden chegar ou non; nós imos escoller 600 Megas. De todos os xeitos, despois de creada, a memoria adicada pódese cambiar en calquera momento (Imaxe 2).
  4. Pasamos, de seguido, á asignación dun disco virtual á máquina. Optaremos pola opción de crear un disco novo. Na nova pantalla teremos que facer unha escolla entre crear unha imaxe de disco de expansión dinámica ou crear unha imaxe de tamaño fixo. Seleccionaremos o disco de expansión dinámica e pasaremos a aceptar o nome dado á máquina no paso 2 e a asignarlle o seu tamaño.
  5. Feito isto o asistente amosaranos as características do novo disco virtual, prememos en aceptar e rematamos o proceso.



Imaxe 1

Imaxe 2




Configurando a máquina



  
  1. Seleccionar a máquina e premer en configuracións para acceder ao menú.
  2. Na pestana sistema, (imaxe 3) comprobar que a orde de arranque é 1 CD/DVD, 2 disco ríxido.
  3. En almacenamento, debémonos asegurar que o disco creado apareza como "IDE Primary Master", e o CD/DVD Host como "IDE Secondary Master" (imaxe 4)


     Para outorgarmos permisos aos usuarios que a vaian utiliza, faremos o seguinte:
  • Como root Iremos á carpeta HardDisks que creamos dentro de usr/share/virtualbox.
  • Nela, e co botón dereito do rato, premeremos sobre a imaxe do disco virtual e, nas propiedades, adxudicaremos os seguintes permisos:
    • ao propietario-root, ler e escribir; ao grupo- boxusers, ler e escribir; a outros, ningún.

Imaxe 3


Imaxe 4