Curso 2017-18
becas amancio80 becas dirixidas a estudantes de centros de Galicia para estudiar Primeiro de Bachallerato en Canadá e Estados Unidos para o curso 2018-19.A beca cubre o 100% do coste do curso escolar en Canadá o Estados Unidos: viaxe, tasa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención na  familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o  apoio continuado durante os diez meses de estancia.
Prazo de inscrición :  Do 2 ao 20  de outubro de 2017
Personas destinatarias: alumnado con unha nota media igual ou superior a 7 puntos, e unha nota de inglés igual ou superior a 8 en 3º de ESO
Enlace web: becas.faortega.org


                                       Curso 2016-17
Idiomas do Mundo. idiomasnomundo2017
Inmersión lingüística para alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato residente na Coruña

Descrición: O obxecto deste programa do Concello da Coruña é ofrecer a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o verán de 2017 en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa.

Datas: 4 semanas de duración durante o verán de 2017 (de preferencia o mes de xullo)

Prazo de solicitude:Do 10 de abril ao 28 de abril, ambos incluídos.

Requisitos

  • Residir no Concello da Coruña xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal, dende o 1 de setembro de 2016. Tamén serán aceptadas residencias posteriores a esa data e anteriores ao final do prazo de presentación de solicitudes nos casos en que se acredite traslado de domicilio e centro educativo motivado por cambio de localidade de residencia ao Concello da Coruña.
  • Estar matriculado/a e cursando 4º de ESO ou 1º de bacharelato.
  • Ter obtido no curso anterior, en 3º ou 4º da ESO, unha cualificación media de 6 ou máis puntos e non ter ningunha materia suspensa.
  • Ter obtido no curso anterior, en 3º ou 4º da ESO, unha cualificación de 6 ou máis puntos na materia de lingua/as estranxeira/s pola/s que se queira optar (inglés/portugués/francés/alemán) e estar a cursala/s no curso 2016/2017, agás en portugués, de non se estar a cursar esta materia, a cualificación a valorar será a correspondente á materia de lingua galega e literatura.

Dotación

Tipo de bolsas:

  • Bolsa total. Poderán beneficiarse de bolsa total as persoas participantes seleccionadas que non superen os 9.000,00 euros anuais de renda per cápita.
  • Bolsa parcial. Poderán beneficiarse de bolsa parcial as persoas participantes seleccionadas que superen os 9.000,00 euros anuais de renda per cápita. As familias das persoas beneficiarias desta bolsa terán que facer unha achega variable en función da súa renda.
Web : http://edu.coruna.es/ga/portada/novas_do_servizo_municipal_de_educacion/idiomas_do_mundo_2017

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 17 /2/2017)
Beneficiarios
Alumnado de centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia, e que estean cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato con nota mínima na area de Inglés de 6 e que teña superadas todas as materias no curso 2015/16.
Importe individual: a contía da axuda para cada persoa beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo por praza e a achega que lle corresponda segundo os custos e os grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados na táboa seguinte e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar:
Achega das familias (€)
                                                        


Periodo de realización 
Desde a última semana do mes de Xuño ata finais do mes de agosto de 2017

Prazo de presentación
de solicitudes ata o día 28 de marzo de 2017

Cartel informativo


Axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés. MEC

 
Descrición Os beneficiarios asistirán a un curso organizado polas empresas contratadas polo Ministerio, debiendo abonar unha parte do coste.

Requisitos

  • Ten nacido entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro del 2000.
  • Ter a condición de becario no curso 2016/17 da convocatoria xeral de becas do Ministerio conforme á Resolución do 11 de agosto de 2016
  • Estar matriculado no curso 2016/17 en bacharelato
  • Ter aprobado o curso  anterior e ter obtido nese curso unha nota final mínima de 7,50 puntos na materia de inglés.

Prazo de presentación

  • Dende o 17 de marzo ata o 20 de abril de 2017

Becas High School da Fundación Barrié e Amancio Ortega
A Fundación Amancio Ortega intenta promover con esta iniciativa a aprendizaxe da lingua inglesa e o desenvolvemento persoal dos xóves, a partir duhna inmersión total nun novo entorno, convivindo con unha familia de acollida, durante o ano escolar no país de destino.  A beca cubre o 100% do coste do curso escolar en Canadá o Estados Unidos: viaxe, tasa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención na  familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o  apoio continuado durante os diez meses de estancia
Prazo de inscrición :  Do 3 de outubro ao15 de novembro de 2016
Personas destinatarias: alumnado con unha nota media igual ou superior a 7 puntos, e unha nota de inglés igual ou superior a 8 en 3º de ESO
Enlace web: becas.faortega.org
BOLSAS ESTUDOS JUNIOR YEAR 2017/18

Descrición

Programa no que se ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o Grao 11 en EE.UU. ―equivalente a 1º de Bacharelato― así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura. Asemade, constitúe o obxecto do programa a educación das persoas participantes no respecto á diversidade cultural, racial, sexual... e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Este programa educativo realizarase por medio da concesión de bolsas.

Neste curso disponse de 50 prazas (con posibilidade de incrementar a 60).

Persoas destinatarias

Alumnado matriculado e empadroado no Concello da Coruña que estea cursando 4º de ESO durante o curso 2016/17 e estean en condicións de cursar 1º de Bacharelato durante o curso 2017/18.

REQUISITOS:
  • Constar empadroado ou empadroada no Concello da Coruña e residir na cidade xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal, dende o 1 de setembro de 2016. Tamén serán aceptados empadroamentos posteriores a esa data e anteriores ao final do prazo de presentación de solicitudes nos casos en que se acredite traslado de domicilio e centro educativo motivado por cambio de localidade de residencia ao Concello da Coruña.
  • A persoa solicitante deberá autorizar ao Concello da Coruña, marcando a casa que aparece na ficha de solicitude, para que consulte os datos do Padrón municipal e comprobar que consta empadroada na cidade.
  • Estar matriculada/o e cursando 4º de ESO.
  • Obter en 3º da ESO unha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Obter en 3º da ESO unha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).

Período de realización : O programa comezará en agosto de 2017 e finalizará en xuño de 2018, incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa

.Enlace webaytolacoruna



Descrición

Programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en inglés e francés.

Ademáis pódese ofertar alemán, chinés e portugués para galegos nas catro destrezas: comprensión auditiva e expresión oral, así como comprensión e expresión escrita.

Orientado á preparación das probas da certificación internacional dos niveis do Marco Común Europeo das Linguas

Persoas destinatarias Alumnado matriculado na ESO, no bacharelato ou na FP dos IES e CIFP da cidade.
Ratio mínima de 12 e máxima de 15 persoas. Trimestralmente farase unha revisión do número de asistentes para comprobar que se mantén a ratio mínima, de non ser así e previo aviso, poderase suspender a actividade para o seguinte trimestre
Período de realización
Do 4 de outubro de 2016 ao 31 de maio de 2017

Sitio web

.