LIMIAR

Outro ano máis, e coma sempre con retraso, temos aquí un novo número da revista Mapoula.

Xa sabedes que a revista está aberta ás colaboracións de todo tipo feitas polo alumnado: artigos, opinións, entrevistas, relatos, debuxos, caricaturas, pasatempos... porque todo é interesante e todo é un bo motivo para iniciarnos na creación artística.

Non obstante hai que recoñecer que o nivel de participación foi escaso, e mesmo houbo que  “forzar” a mesma en determinado momento. Isto teriase que corrixir en números próximos.

Como podedes ver unha parte das colaboracións presentes neste número corresponden a traballos de aula, non a colaboracións persoais e libres, e sería de desexar que nos próximos números aumentase a participación.

Observaredes que temos portada nova e tamén un anagrama que encabeza tódalas páxinas, os dous resultado dun concurso convocado e para o que houbo moita participación do alumnado do Bacharelato Artístico. Gañou o concurso da portada María Páramo López e o do anagrama Lucía Rivero Portela. Moitas gracias a tódolos participantes e tamén ao profesorado que o motivou.

Mapoula é unha revista plural e aberta, aínda que a súa liña non coincida sempre co punto de vista expresado nas colaboracións, pero respecta o criterio de creación artística. 

En fin, fixemos o que puidemos. Ata o próximo número.