MARIONETAS

 

 

 

 

Os alumnos de 1º de Bacharelato fixemos unha exposición de marionetas no centro. A realización das mesmas foi un traballo que realizamos na clase de Volume, nunha das asignaturas do Bacharelato de Artes.

Foi un dos traballos máis custosos que fixemos, ó que lle tivemos que adicar moito tempo e esforzo, pero finalmente tivo un éxito enorme.

Empregamos unha “masilla” qie fomos moldeando para facer a cara e as mans e despois de rematadas houbo que deixalas sacer para poder pintalas. Para facer o corpo houbo alumnos que utilizaron masa, pero outros utilizamos tea cun recheo de algodón e para rematar puxémoslle un traxe axeitado ó que representaban, ademais doutros detalles como pelo, pendentes, etc.

Unha vez rematadas expuxémolas na entrada do Instituto e realmente quedaron moi ben.

 

                                                           Chorima Bértola Sieiro

                                                           1º D Bacharelato

 

 

 

 

 

 

Rebeca Casas

 

 

 

Sonia Campo