COLABORACIÓNS

 

      XAMARUBÍ

 

Nun intre todo calou.

      Non hai follas,

non hai árbores.

A noite e a friaxe

baixan ata os pés

      dos que caminan con medo.

      Non hai vento.

O camiño non ten pedras

para quen leva zocos.

      E non hai toxos.

Non hai fame.

A lúa amosará

       a fin da viaxe negra,

O comezo do baile da lubre.

      O amencer pachangueiro.

Non hai tempo.

      Nun intre todo falará.

E non será a fin do silencio

      Porque levo comigo a calma.

Non hai río,

      Non hai fonte.

 

     

      Estefanía Caneda Martínez