DÍA DAS LETRAS GALEGAS – ANO 2OO2

 

 

Como sabedes este ano o Día das Letras Galegas está adicado á figura de Frei Martín Sarmiento. Imos ver quen foi esta figura.

 

 

 

 

Este ano adícase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS ó pai MARTÍN SARMIENTO, un representante da Ilustración, humanista, erudito e estudioso da lingua, léxico e cultura galega.

 

Imos ver que nos din sobre esta data os alumnos de 4º B – ESO:

 

O 17 de maio Galicia celebra unha data da súa cultura e este ano a homenaxe é á figura de Frei Martín Sarmiento.

Sarmiento naceu en Villafranca del Bierzo no ano 1695 e morreu en Madrid no ano 1772, sendo bautizado na igrexa de Santiago. Ós tres meses trasládase a vivir a Pontevedra, que é a cidade máis importante na súa vida. Nela inicia os seus estudios cos xesuitas e con 15 anos marcha a Madrid para ingresar na orde benedictina. Estudiou Arte, Filosofía e Teoloxía  e tamén tivo unha vocación naturalista, sendo o fundador do Real Xardín Botánico de Madrid.

Ó longo da súa vida non deixou de visitar Galicia e recolleu moito léxico galego, sendo considerado na actualidade un precursor dos estudios filolóxicos da lingua galega. El consideraba de gran importancia xa nesa época o estudio da lingua galega e opinaba que nos problemas lingüísticos se podían atopar algunhas das causas do atraso que sufría Galicia.

O investigador Henrique Monteagudo atopou na Biblioteca Nacional o manuscrito da única obra de Sarmiento deixou escrita en galego, Coplas Galegas.

O Día das Letras Galegas serve para lembrar os nomes dos homes e mulleres que manifestaron un compromiso co país e a súa cultura, sendo de destacar que anque o autor deste ano ten pouca producción en galego xa na época en que viviu chamou a atención sobre a necesidade pedagóxica de ensinar a lingua galega ós nenos desta terra.

É tradición que se celebre institucionalmente esta festa na localidade de nacemento do homenaxeado, pero como el naceu fóra de Galicia (Vilafranca) pero estudiou cos xesuitas en Pontevedra, haberá dúas celebracións, unha o 17 en Pontevedra e outra o 18 en Vilafranca.

 

 

Alumnos de 4ºB-ESO

 

 


 

 Almudena Ripamonti

 

 

INFORMACIÓN NA REDE SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

 

            Galicia Dixital pon en marcha un Portal de Internet adicado ó Dia das Letras Galegas. Este portal contén aspectos xenéricos relacionados co idioma galego, historia da lingua galega... ; igualmente recóllese  a historia e o por qué   da celebración deste día con reseña e páxina para cada un dos escritores/as ás que se lles adicou o   Día desde Rosalía a Sarmiento. E mais unha viaxe virtual por Galicia.

 

Dirección: “diadasletrasgalegas.com

                   “Galiciadixital.com” ou  “org”.

 

            A Biblioteca Virtual  Galega ten as seguintes seccións: Catálogo xeral de obras e autores, Obras disponibles para a lectura, Vidioteca, Fonoteca, Recursos de Lingua, Sección de Nov@s Escritor@s.   Podedes acceder a ela  en :http://bvg.udc.es ou a través da páxina web da Universidade da Coruña www.udc.es

            Todos aqueles/as que despuntades como escritores podedes enviar as vosas obras a esta sección  Novo@s Escritor@s  para a vosa publicación.