FOOTING

 

 

 

 

 

 

 

O pasado día 19 de novembro os alumnos de 4º da E.S.O. e de 1º de Bacharelato asistimos á representación da obra de Gustavo Pernas FOOTING no teatro Rosalía de Castro.

 

Para os primeirizos nesta clase de actos púidolles resultar un pouco caótico, xa que ó non coñece-las instalacións non sabiamos onde situarnos.

 

O argumento da obra é unha visión metafórica da vida comparada co footing, xa que como ó practicar este deporte non hai un destino seguro, na vida tampouco.

 

O drama cóntano-la historia dos catro protagonistas: un inmigrante marroquí atado ó seu pasado, unha muller maltratada, un traballador da construcción en paro e un corredor de bolsa fracasado. Todos eles foxen da realidade, dalgunha maneira, facendo footing, e ó longo do seu correr cóntannos, mediante monólogos, os seus problemas e inseguridades.

 

Nun momento da obra os personaxes decátanse de que as súas vidas estiveran relacionadas no psasado. Móstrase como un flashback unha viaxe ó deserto na que se descobre o pasado do inmigrante coma propietario de camelos, a escapada da muller dunha vida chea de ataduras, e a verdadeira sexualidade que negaban os outros dous protagonistas.

 

O final da obra non me quedou moi claro, pero a muller que parecía perseguir o inmigrante finalmente déixao “colgado”.

 

 

                                   Emilia Pereiro, 1º B- Bacharelato