SEMINARIO SOBRE PAPIROFLEXIA

 

 

 

O PAPEL COBRA VIDA

 

 

Un enorme avión de papel aterrou o trinta de outubro, no I.E.S. Durmideiras. Viña pilotado por Esther, que fixo gala da súa arte co papel, ás  veces endiañadamente complicada de manipular. Ensinounos marabillas da papiroflexia que trouxo feitas por ela.

Estivo nas clases de Volume dos alumnos de Bacharelato de Artes durante todo o día e, aínda que o comentario xeral foi positivo, os presentes queixámonos de que en cincuenta minutos non dese moito tempo a aproveita-la actividade; de tódolos xeitos, Esther brindounos a oportunidade de matar, por fin, ese vermiño de saber facer ben un avión de papel que voe...

 

                                         Rodolfo Álvarez Canle, 1º B Bacharelato