CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS

 

 

O día 23 de abril a entidade CAIXANOVA, dentro da súa campaña escolar, impartiu unha charla sobre CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS NA CULTURA GALEGA. Uns alumnos de 3º curso de Diversificación Curricular vannos informar sobre cruceiros e petos de ánimas

 

CRUCEIROS

  

 

 

 

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizados na nosa terra, aínda que a súa valoración e estudio comeza no segundo tercio do século XX.

A súa orixe haina que buscar nos primeiros tempos do cristianismo, cando se intentan cristianizar tódolos monumentos sospeitosos de paganismo e se colocan sobre eles cruces.

Os cruceiros máis antigos que coñecemos non son anteriores ó século XIV, destacando o de Melide do século XIV e o do Home-Santo de Santiago do século XV. Teñen como obxectivo a exaltación do Purgatorio e a validez das indulxencias como instrumento para redimir as penas, converténdose a construcción do cruceiro nun medio de conseguir indulxencias en vida ou mesmo despois da morte, debido ás oracións rezadas. Proba disto son as inscripcións que se conservan Esta obra mando facer... pola súa devoción .

 

 

 

 

 

 

 

O cruceiro está constituído por unha serie de elementos perfectamente diferenciados: plataforma, pedestal, fuste, capitel e cruz:

·        Soe levantarse, aínda que ás veces pode faltar, sobre unha plataforma composta por varias gradas de sillería.

·        Sobre elas disponse o pedestal, que posúe un só corpo  e que soe ser cuadrangular aínda que os hai que teñen outras formas, e pode ser liso ou con moitivos decorativos, como a calivera ou a serpe, que representan a morte e o pecado; unha característica do sur de Galicia é a presencia de “retablos de ánimas” nunha das caras do pedestal.

·        O fuste, tamén chamado vara ou varal, presenta habitalmente forma prismático-octogonal ou cilíndrica e pode ser simple, sen ningún elemento decorativo, ou tallado, representando a paixón de Cristo, a calivera soa ou asociada a unha serpe, representacións de santos,  pero a escena máis importante é a alusiva ó Pecado Orixinal ou a expulsión do Paraíso.

·        O capitel é un producto da fantasía do canteiro e está inspirado en modelos clásicos, sendo frecuente a existencia de motivos decorativos. Hai un tipo de cruceiro, de capeliña ou de Loreto, que presenta unha pequena capela en lugar do capitel, ocupado por unha imaxe da Virxe, e que se localiza na zona que vai de Rianxo a Noia.

·        A cruz é a parte máis importante do cruceiro. No anverso represéntase a Cristo crucificado,  só ou acompañado doutros personaxes, como a Virxe ou San Xoán, e no reverso  soe aparecer a Virxe ou algún santo.

 

 

 

Os cruceiros son de pedra, pero ás veces esta está policromada, con cores estridentes. E aínda que en Galicia non alcanzaron a monumentalidade da Bretaña francesa, consérvanse magníficos conxuntos monumentais como os de Ío, Noia, Pais (Mondariz) ou Abegondo.

A súa autoría corresponde a canteiros anónimos, aínda que hai algúns que conservan o nome do que o realizou, e nestes momentos están protexidos legalmente como mostra magnífica da arte popular galega.

 

      David Romero Prego

      3º ESO Diversificación Curricular