PETOS DE ÁNIMAS

 

Son unhas manifestacións materiais de culto ós mortos, construccións en pedra nalgúns casos e noutros pequenos petos de madeira.

A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas que non encontran descanso no purgatorio para que acaden a finalidade no ceo.

As representacións artísticas deste tema non apareceron ata finais do século XVI, e é no século XVIII cando se fan a maior parte dos monumentos dedicados ás ánimas, aínda que os máis antigos corresponden ó século XVII. Soen encontrarse nos camiños e encrucilladas

 

Alcanzaron gran representatividade na área miñota do sur de Galicia e no norte de Portugal, pero esténdense practicamente por toda Galicia e no resto de Portugal.

Poden ser de diversos tipos: petos de man ou boeta, que se encontran nas igrexas e capelas para recoller esmolas; poden ser de madeira ou de pedra e presentar diferentes formas, circulares, abertos ou fechados formando unha pequena caixa cuadrangular. Tamén é frecuente que na base dos cruceiros haxa un peto adosado. A diferencia entre eles radica na importancia que teñan con respecto ós cruceiros, o que os fan variar non só no tamaño senón tamén no tratamento do tema, podendo ser máis complexos ou máis sinxelos.

 

 

Son moitas as variacións que presentan estas construccións. Algunhas recordan as portuguesas polo feito de usar azulexos para a súa construcción, outras son de dous corpos, un á par do outro. E existen petos moi sinxelos e de pequeño tamaño e outros con profusión de decoración. Todos levan unha inscripción indicando o nome do devoto que o construíu e tamén unha frase dirixida ó caminante, recordándolle que pida polos defuntos.

A única escena que se representa nos petos é a do purgatorio. Trátase de releves en pedra, en madeira ou pintados que ocupan o lugar central do peto e que se caracterizan pola expresividade das figuras sen chegar ó patetismo.

Os petos das ánimas son, pois, mostras da arquitectura e arte popular galega, consideradas moi representativas non só no aspecto constructivo senón en canto mostras dunha crenza e devoción de moita importancia en Galicia.

 

Iago Martínez Rivas

3º ESO Diversificación Curricular