RECORDO DE CARLOS CASARES

 

 

 

Deixounos recentemente Carlos Casares, coñecido escritor en lingua galega e presidente do Consello da Cultura Galega. Desde a nosa revista imos recordar a súa vida e obra como última homenaxe a quen tanto fixo polo noso país.

 

 

 

 

 

-VIDA:

 

Estudia en Ourense e posteriormente trasládase a Santiago de Compostela, onde se licencia en Filosofía e Letras. Nesta época asiste a varios faladoiros, coñece algunhas personalidades como Vicente Risco ou Ramón Piñeiro e mantén unha certa actividade política a prol do galeguismo.

              De 1967 data da súa primeira aportación á literatura galega e en concreto á Nova Narrativa Galega.

Obtén diversos premios coa súa obra. É elexido en 1977 membro da Real Academia Galega e en 1996 Presidente do Consello da Cultura Galega.

Na década dos 70 traballa como profesor e padece a represión do réxime franquista; unha vez que se instaura a democracia volve participar activamente na política, obtendo acta de deputado no primeiro parlamento galego en 1982.

Casares foi unha das grandes personalidades da nosa cultura, á que contribuiu coloborando na prensa, en actos culturais e en varias fundacións.

Tamén foi director da Editorial Galaxia e da revista GRIAL. 

 

 -OBRA:

           

Pódense diferenciar dúas etapas:

Á primeira pertencen Vento ferido, Cambio en tres, e Xoguetes para un tempo prohibido, obras de carácter autobiográfico relacionadas coa nenez, adolescencia e mocidade do autor. Son obras nas que se empregan técnicas anovadores e experimentais. Á segunda corresponden Ilustrísima, Os mortos daquel verán , e Deus sentado nun sillón azul, novelas mais realistas centradas en sucesos acontecidos en diferentes periodos do século XX.

             A lingua  empregada por Casares na súa obra adoita ser culta e simple ao mesmo tempo. O estilo é, igualmente, sinxelo e espontáneo, carente a penas de artificios que dificulten a comprensión do texto, maila que as primeiras obras presentan unha estética máis vangardista.

             Casares posúe, desde as súas primeiras obras, un perfecto dominio das técnicas propias da narrativa europea e  americana dó século XX: ruptura da temporalidade lineal, control sobre o ritmo narrativo, pluriperspectivismo, monólogo interior...

             A súa prosa caracterízase, sobre todo a partir dos Escuros soños de Clio, pola coidada combinación de realidade, fantasía, lirismo e humor.

Casares foi un dos pioneiros na creación da moderna literatura infantil. Podemos citar valiosísimas contribucións a este ámbito como a narración  A galiña azul  ou a peza teatral As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.

            Traduciu tamén ó galego  O principiño  de Saint-Exupèry.

Morreu un día de marzo do 2002 pero as súas obras sempre quedarán connosco.

 

 

 

 

 

 

“Se se cabrea, que se cabree. A min que. Aguanto e adeus. Vaime matar ou que. Se se cabrea, hala, a beber, a beber e a cantar, ou que. Xa sei o conto. Nada de berros nin barullos. Conezo ben o choio. Nin sequera me di borracho, non, ela ben sabe. Abóndalle ai meu Deus, ai, meus filliños, ela ben sabe. Se se cabrea, que se cabree.”

 

 

Vento ferido.

 

 

.

 

 

O maestro da escola mixta de Sarois mordera unha orella ao alcalde pedáneo, o apéndice do cal lle quedara ao agresor entre os dentes. Fuxira este coa presa e pechárase na casa con chaves e  trancas. Rebumbio e indignación dos vecinos. Pedras contra a porta. Berros para que entregara a orella. Dentro, silencio. Por fin as palabras tranquilas e sereas dun vello petrucio, con séculos de humanidade pendurados na súplica, e unha fiestra que se abre. Expectación e silencio. A orella sae voando polo aire e vai  caer nunha silveiras. O can correu máis cós mozos que correron a buscala.

 

Ilustrísima
Ramón Santos  2º B Bacharelato