VISITA Á PLANTA DE RECICLAXE DE NOSTIÁN

  

O día 9 de maio os alumnos de 1º e 2º da ESO realizamos unha visita cultural á planta de reciclaxe de Nostián. Cando chegamos recibiunos unha educadora ambiental para informarnos de todo o relacionado coa mesma.

Primeiro fomos á aula de educación ambiental para darnos unha charla  e ó final da mesma déronnos uns cascos para protexer a cabeza durante a visita. A continuación visitamos a planta receptora do lixo e saudamos ós encargados de almacenalo.

Despois recorremos as demais dependencias, insistindo a educadora ambiental en que todo o proceso comeza nas nosas casas cando separamos as materias orgánicas das inorgánicas ou o vidro do papel.

Unha cousa moi divertida foi ver un falcón que nos mostraron e que está preparado para escorrentar as gaivotas.

Voltamos ó colexio no mesmo autobús que nos levou.

 

                                                           Alfonso Souto Míguez

                            1º A ESO

 

  

¡XA ESTAMOS PREPARADOS/AS PARA UNHA EMERXENCIA!

  

Un bo día do mes de abril comezou a soar a serea con insistencia ¿Qué pasaba? Nós non o sabiamos pero o profesorado si parecía saber que facer porque nos mandou saír en orde, non recoller nada e sobre todo moita calma e seguir unhas instruccións precisas. Foi así como nos atopamos todo o persoal do Instituto fóra do mesmo e como nos informaron que era un simulacro de evacuación para o caso que se dese unha emerxencia.

 ¡Todo fora unha simulación! Pero felicitémonos de que sexa así e non teñamos nunca que poñelo en práctica de verdade.