EXPOSICIÓN DE VERNER PANTON

 

 

 

 

 

 

 

.

 

A Fundación Pedro Barrié de la Maza deu a coñecer por primeira vez en España e por medio dunha exposición a figura e obra de Verner Panton, un deseñador de interiores que revolucionou o mundo do deseño nos anos 60, con cores, formas e materiais que ata ese momento non se utilizaban.

 

Ó chegar á exposición explicáronnos quen era Panton, a súa importancia dentro do deseño moderno e, por medio dunhas fotos e diapositivas, a silla denominada co seu nome, silla Paton, ademais doutros inventos do deseñador.

 

 

Despois, e cunhas cartolinas con liñas para recortar,  construímos nós a nosa silla Paton en tamaño reducido, elixindo a cor e mesmo entre dous modelos dados. A uns saiulles mellor que a outros, pero todos logramos que se tivesen en pé.

 

Cando rematamos co anterior pasáronnos a un espacio como se fose unha habitación chea toda de asentos de diversos modelos de Panton, onde un se podía sentar de diferentes formas e maneiras, sendo moi divertida a experiencia. A continuación fomos ver máis modelos de sillas e adornos para as paredes e tamén lámpadas.

 

Despois visitamos unha zona onde había varias mostras de conxuntos que fixo Panton, como uns sillóns que colgaban do teito ou outros feitos duna soa peza, uns máis baixos e outros máis altos, pero todos con forma de hamaca.

 

Ó final, xa cando marchabamos, déronnos uns folletos informativos e un cartel de propaganda, voltando no mesmo autobús da ida ó instituto.

 

                                  

                                                           Iago Martínez Rivas

 

                                                             ESO, Diversificación Curricular