|
|
|||||
|
|
|
LIMIAR
Xa
estamos aquí de novo. Este ano algunhas das colaboracións xiran arredor dos
grandes temas que conmocionaron a sociedade e que fixo que aflorase en nós a solidariedade:
solidariedade cos máis próximos (como o caso do Prestige ou a exposición para recadar fondos para a Cociña
Económica) ou cos máis afastados (guerra de Iraq), pero en todo caso
sentíndonos moi próximos de todos aqueles que sofren, polo que podemos dicir
con Celso Emilio Ferreiro Aunque as nosas palabras sexan
distintas, e ti negro e eu branco, se temos semellantes as
feridas, como un irmau che falo. |
|||
|
|
1
|
||||
O ano da
solidariedade
|
2
|
||||
Movemento
solidario no IES Durmideiras
|
3
|
||||
|
|
4 |
||||
|
|
5 |
||||
|
|
6 |
||||
|
|
7 |
||||
Entrevista a David de la Torre
|
8, 9
|
||||
|
|
10 |
||||
|
|
11 -15 |
||||
|
|
16, 17 |
||||
|
|
18 |
||||
|
|
19 |
||||
|
|
|
||||
|
|
|
||||
COLABORAN:
Sara
Aramburu Vannesa
Atán Marta
Buján Noelia
Castro Débora
García David
Gigirey Paula
Hernández Lorena
Prego Jorge
Soto Karol
Requena Nuria
Varela |
|||||
COORDINACIÓN:
Dores
Gómez MONTAXE: Carmen
Vecino |
|||||
|
|
||||
|
|
|
|
C A M B I O S N O
I N S T I T U T O
Este curso houbo cambios no instituto: marchou a principios o
profesor de Tecnoloxía David de la Torre, que foi para Berlín e os alumnos de
3º de ESO de Diversificación Curricular fixéronlle unha entrevista para
MAPOULA, e tamén por motivos laborais
Mónica e Carlos, que atendían o bar, sendo entrevistados por Nuria Varela e
Paula Hernández, de 1º de ESO. ENTREVISTA A DAVID DE
LA TORRE
|
|
|
Pregunta: Estamos informados de que
vai traballar fóra ¿para onde marcha? Resposta: Para Berlín, marcho como
examinador de patentes. Pregunta: ¿Cando ten pensado deixarnos definitivamente? Resposta: O xoves, 28 de
novembro, porque teño que estar en Berlín o 2 de decembro. Pregunta: ¿Cantos anos leva como profesor neste centro? ¿Cre que sentirá
morriña? Resposta: Levo tres anos. En canto á morriña, esta
sempre se sente e todo o mundo a ten cando está lonxe da súa familia. Pregunta: ¿Non ten medo a botar en falta a terra, os alumnos...? Resposta: Medo pódese ter
sempre, pero é algo que hai que superar. Pregunta: ¿O traballo que vai desempeñar é tamén como profesor? Resposta: Non, vou traballar
como examinador de patentes, na oficina europea de patentes. Pregunta: ¿A que cidade marcha? ¿Coñece o idioma? Resposta: Marcho a Berlín e
coñezo algo o alemán. Pregunta: ¿Vai só ou acompañado? Resposta: Vou coa miña muller. Pregunta: ¿Cando ten que
incorporarse ó novo traballo? Resposta: O 2 de decembro. Pregunta: ¿Conservará aquí a súa praza por se quere
voltar? |
|
|
|
|
|
Resposta: Si, sigo sendo
profesor de Tecnoloxía deste instituto. Pregunta: ¿Xa teñen vivenda? Resposta: Si, un apartamento
pequeno alugado, máis adiante alugaremos outro máis grande. Pregunta: ¿Teñen amigos ou coñecidos alá? Resposta: A miña muller ten unha
amiga que é cantante e ópera. Pregunta: ¿A
vostede gústalle a ópera? Resposta: Nunca fora á ópera porque aquí hai pouca
tradición, pero o outro día fun por primeira vez e pareceume
impresionante. Pregunta: Parece ser que o
curso pasado impartiu un cursiño de informática ós profesores ¿cómo é a
experiencia de dar clases ós compañeiros de profesión? ¿Eran alumnos
estudiosos e aplicados? Resposta: Dar clase sempre é bonito
e ademais é unha honra axudar ós meus compañeiros, gustoume moito facelo. En
canto ó de estudiosos e aplicados non o eran moito. Pregunta: ¿Que pensa
que botará de menos no noso centro e por que? Resposta: Moitas cousas, os
compañeiros e os alumnos bos e mesmo os malos, que fan que nos superemos nós.
Botarei en falta todo en xeral. Pregunta: Nós, sen dúbida,
botaremos de menos as súas clases de Tecnoloxía ¿sabe se vén pronto un
profesor substituto? Resposta: Moi pronto haberá quen
me substitúa. Pregunta: ¿Está nervioso? Resposta: Bastante, é un cambio
moi grande. Pregunta: ¿Ten todo preparado? Resposta: Si e tamén metido no
coche. A maleta, o ordenador... Pregunta: ¿Gústalle esquiar ou patinar sobre xeo? Resposta: Esquiar non sei, pero
patinar sobre xeo si. Alí penso practicar, hai moitos deportes de inverno. Alumnos: Moitas gracias e
moita sorte. Lembrarémolo. Resposta: Sorte
a vós. Ata a próxima, mandareivos unha foto e direivos como é todo alí
|
|
|
|
|
|
|
|
ENSAIOS DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
|
|
|
Aproveitando que a sede da Orquestra
Sinfónica de Galicia é na Coruña, o Departamento de Música do instituto levou
os alumnos en diversas ocasións ó Palacio da Ópera para diferentes actos,
entre eles ensaios dos concertos que se ían celebrar pola tarde. Marta
Buján Sánchez cóntanos como foi escoitar a Orquestra Sinfónica de
Galicia, dirixida por López Cobos e interpretando a Sinfonía 6 e 7 de
Beethoven. O día 7 de novembro os alumnos de música de 1º e
2º de Bacharelato deste centro acudimos ós ensaios do concerto que se celebraría o mesmo día pola noite,
realizados polo director López Cobos e a Orquestra Sinfónica de Galicia. A hora sinalada era as 10 e saímos do centro ás
9:35; xusto ó remate da primeira
clase veu recollernos un autobús contratado polo centro e chegamos xustiños
de tempo. Unha vez dentro sentámonos todos xuntos na parte
final e comezou o concerto, que para a opinión dos alumnos non estivo moi
ben, aínda que ó profesor lle gustou moito. Houbo un descanso de 20 minutos entre dúas partes
de corenta aproximadamente e a min persoalmente gustoume máis a segunda
parte. En resumo, podo dicir que o concerto estivo ben
aínda que os alumnos non soubemos valoralo moito porque non estamos
acostumados a escoitar este tipo de música.
Marta Buján Sánchez
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ALEX UBAGO CONFÉSASE Á REVISTA MAPOULA En plena febre de Operación Triunfo e do Aserejé
este artista logrou introducirse, e manterse, nos primeiros postos da
lista de vendas española. Como non podía ser doutra forma, o xove cantante
concedeunos unha entrevista exclusiva. Estes son os detalles dunha xira que o
trouxo á nosa cidade acompañando o grupo mexicano Maná. Once mil persoas reuníronse no Coliseo coruñés
para presenciar a actuación de Maná e Älex Ubago, contándonos o primeiro ó
finalizar o concerto que na Coruña corearan máis as súas cancións que en Madrid
ou Chicago. Horas antes da actuación recibiunos Álex Ubago no camerino e isto
é o resultado: -
Pregunta: Preguntabámonos cando viñamos de camiño que
estamos aquí gracias a que un día deixou os estudios de Empresariais para
dedicarse por completo á música ¿agora que conseguiu o seu propósito volvería
a retomalos? -
Álex Ubago: Deixeino porque me decatei que
aquilo non era o meu; a música chamábame, quería dedicarme a ela, seguir
estudiando e aprendendo en todo o relativo á parte musical. Non desboto retomar
os estudios algún día... pero sería doutra maneira, anque non teño pensado o
que. -
Daquela,
¿por que a música e non
o billar americano, outra das súas grandes paixóns? -
(Risas) Home... ás veces non depende de ti
que realmente che vaia ben. A música gústame moitísimo, mesmo máis que o
billar. Déronme a oportunidade de gravar un disco, ó que dediquei tempo e esforzo, porque me gusta facelo e
porque ademais é moi difícil vivir do billar. -
Creo
que xogou no campionato mundial de billar americano nas Vegas (EE.UU.) 20
días antes do exame de Selectividade. ¿Volvería a facelo? Ademais foi campión
de Euskadi e subcampeón de España de segunda categoría. -
Si, si (risas). -
E
sacou un 8,7 de media ¿Cómo pode ser? -
Non, algo menos, pero si que saquei boa
nota; o que pasa é que isto foise esaxerando, primeiro miña nai non sei que
dixo, logo (risas). Pero si, foi como un 8 ou algo así, foi moi boa nota, eu
flipei... (risas). -
Bo
nos estudios, bo na música... ¿Arrepíntese de algo? |
|
|
-
Non, home... arrepínteste de cousas que
podes facer mellor ou peor, pero a verdade é que de nada importante, quizais
detalles que para outra vez os fas de diferente maneira porque vas
aprendendo. Non todo o fas perfecto, loxicamente. Pero do camiño que fun
levando non me arrepinto de nada, creo que foi un traballo pouco a pouco, ben
feito, anque para min foi moi rápido porque son moi novo e non esperaba este
éxito... cada paso que fomos dando serviunos para aprender cousas novas. -
Pode parecer que Álex Ubago tivo menos problemas
porque xa é case dobre disco de platino co seu primeiro e único álbum, pero
¿non se sente como David diante de Goliat respecto ó fenómeno musical
televisivo? -
Non,
a verdade é que non. A xente ten unha tendencia a compararte, a verte como un
competidor. Eu o único que fago é música, cancións... e non me vexo
competindo con ninguén. Está claro que Operación Triunfo foi un “boom” do que
non se deixou de falar durante todo o ano e a moitos artistas danoulles, pero
eu non me podo queixar de nada. Eles o que teñen é unha promoción en
televisión que a calquera dos demais lle podería custar moitísimos cartos e a
eles dánllela de balde. Eles teñen iso, pero por outra parte ti tes a túa
obra máis persoal, non estás tan enriba
na fama, pero iso a min tanto me ten, o que me importa é que me deixen
facer o que eu quero.. -
E en canto ó tema da promoción do que falaba antes
¿o feito de que saíse o seu tema Sen
medo a nada tanto en O.T. como
en Gran Hermano é un labor de
promoción ou foi pura casualidade? -
Non
(risas). Iso é casualidade. Hai outras veces cando vas ós programas a cantar
que si é máis unha cuestión
promocional da compañía, recoméndanche que vaias para que a xente te coñeza...
pero neste caso é a dirección do programa a que elixe as cancións. -
Unha promoción diante dun público. ¿A que público
está dirixido o seu disco? -
¿Que é o
que non lle gusta dunha muller? |
|
|
|
|
|
-
¿O
que non me gusta dunha muller? (Risas) Pois non sei... que sexa moi posesiva,
gústame que teña o seu punto de celosiña, como todos, eu tamén o teño. Pero
cando estou cunha rapaza gústame sentirme un pouco independente, que poida
facer cousas, que poida estar co meu traballo, viaxar, sen preocuparme se se
enfada ou non, ese tipo de cousas.Gústame unha persoa seria que saiba ver a
que te dedicas... -
¿Ten moza? -
Non. -
¿Daquela o seu próximo traballo vai seguir falando
de amor? -
Pois
igual non tanto, o amor e o desamor é algo que me motiva moito para escribir,
ás veces si que tes moza e estás moi ben cando falas diso, pero outras veces
non a tes e ... Pero é posible que o próximo disco non sexa tan romántico,
digo moito que non me comprometo a falar sempre de amor, tamén hai outros
temas, falas do que ves, do que che fai pensar, sentir ou vai pasando. -
¿Vai tratar temas sociais no seu próximo disco? -
Non
o sei, falar de temas políticos, sociais ou deste tipo tampouco é unha cousa
que me chame moito a atención, de momento motívame máis falar de cousas máis
próximas, mirar un pouco ó meu arredor, pero nunca sabes cando un tema social
ou un problema de repente, como o conflicto con Iraq, a desigualdade, son
temas dos que moita xente fala, e todo o mundo sabe os problemas que hai no
mundo, non fai falta que ti collas e o digas; daquela escribo o que me motiva
a min, pero ó mellor algún día acabo falando de... -
¿Cómo recorda aquela vez que cun amigo seu collen
as guitarras e van de porta en porta cantando panxoliñas? |
|
|
|
|
|
-
(Risas)
Eso con... (risas) -
¿É posible que atopemos a Álex Ubago diante da
nosa porta? -
(Risas).
Non, eu creo que non, creo que iso xa non o volverei facer. Recordo que o pasabamos moi ben, saiamos
en Nadal e sacabamos unhas pelas (risas). Recórdoo rindo algunha vez que vexo
fotos... eramos uns pequechos cunha guitarra máis grande ca nós (risas). -
¿Cambia moito a súa vida agora que ve a música
desde un punto de vista diferente? -
Cambia
mogollón, para empezar agora é o teu medio de vida e antes non o era, polo
que lle dedicas moitísimo máis tempo, máis traballo, viaxes. A túa vida ó
completo. Polo menos o último ano estiven sen parar con todo este tema, polo
que a túa vida cambia, está claro, e nos últimos meses nos que se recoñeceu o
meu traballo aínda máis; non é o mesmo saír á rúa, a xente coñécete. Pero o
importante non cambia, eu sígome vendo a mesma persoa, a forma de ser, en
todos os sentidos, conservo os meus amigos de sempre, a miña xente de
Donosti, os colegas de toda a vida seguen aí, e creo que iso é importante. -
Participa na película de Disney El planeta del tesoro que se estreou
en decembro, galas de televisión. ¿Hai présas para o seu segundo disco? -
Non,
para nada, estou deixando claro a todo o mundo que non quero que caiamos nese
erro, hai xente na compañía que leva anos nisto e sabe de sobra o que hai que
facer e o que non, pero pola miña parte creo que non debemos caer no erro de
dicir: ben, como foi ben o primeiro disco, rápido, sacar outro. Eu son un
cantautor e o que vou facer é compoñer novas cancións; xa teño algunhas
novas, xa estou pensando no segundo
disco, pero quero compoñer moito para o segundo traballo e cando estea
realmente convencido sacarei o segundo disco. -
¿Pódemos adiantar o título? -
¿O
título? Non, non o sei, non teño nin idea (risas). -
E xa que sacou o tema das viaxes ¿A viaxe á India
para cando? -
(Risas).
Está ben informado... (Risas). Pois non o sei, antes vén Amsterdam. |
|
|
|
-
¿Para vivir prefire Nova York, unha cidade que
asegura que lle encanta, ou Amsterdam? -
Eu
creo que Amsterdam (risas). Pero a da India é unha viaxe que me gustaría,
teño ganas de coñecer outros mundos e decatarme do que teño no meu país, e
tamén do que lle falta a outros. Despedímonos porque ¡a actuación
vai comezar! David Gigirey FICHA: Nome real: Alejandro Martínez de Ubago Rodríguez. Nome artístico: Álex Ubago. Data de nacemento: 19 – xaneiro – 1981 Lugar de nacemento: Victoria (Gasteiz) Residencia: San Sebastián (Donostia) Cor ollos: castaño Cor pelo: castaño Cor favorita: azul Álbum debut: ¿Qué pides tú? Discos vendidos: máis de 500.000 unidades Pasatempos: billar, escoitar música (Crowed House,
Manolo García, Alejandro Sanza) Alerxia: Polen Bota de menos o mar, saír cos seus amigos, a
comida da súa nai e a Dux, o seu can. Páxina Web: www.droeastwest.com/artista
|
|
|
|
|
|
|
|
C O L A B O R A C I Ó N S É estraño, acabo de espertar e todo parecía un
soño pero... ¿realmente era un soño? Non sei, unha estraña sensación recorría
todo o meu ser, había algo que non encaixaba, quizais demasiado realismo en
todas esas imaxes que vagamente iluminaban a miña mente. Érgome e vou lavar a cara, cando chego ó baño e
vexo a miña cara reflectida no espello é coma se todo se aclarase.
Preguntarédesvos a que vén todo isto, así pois comezarei a contarvos todo o
que sucedeu ata hoxe. Hai que remontarse a dez anos atrás. Eu, un xove
estudiante de BUP (bo, máis ben facía que estudiaba). As cousas na casa non
ían ben de todo. Resulta que meus pais separáranse e no medio de todos eses
problemas que suceden nunha separación, eu. Estaba na boca de meus pais
seguido, parecía que eu fose o centro de todo e que todo fose pola miña
culpa, e lograron que me sentise así. Cada vez ía todo peor. O único que
pasaba pola miña cabeza era marchar a un lugar lonxe, onde a felicidade nos
proporcionara en bandexa o amor e a paz, pero había algo que non mo permitía,
eran os meus dous mellores amigos, as únicas persoas que estiveran ó meu lado
cando parecía que na terra houbese un oco que pouco a pouco ía medrando ata
atoparse contigo e comerte, realmente non quería marchar, Jack e Deivit non
mo consentían. Na casa de Jack as cousas tampouco ían como a el
lle gustaría, súa nai morrera nun accidente de tráfico había dous anos, desde
ese momento seu pai collía forzas coa bebida e cando chegaba do bar
descargaba a súa rabia contra o seu fillo, era unha cousa que eu nunca puiden
soportar. Ás veces Jack chegaba á miña casa cheo de negróns por todas as
partes, non facía falta preguntarlle a que se debía aquel accidente, a súa
cara chea de tristeza e dor explicaba claramente o ocorrido. Pero como o meu
fogar, mellor dito un combate de guerra, non era o lugar adecuado para falar
entre nós, daquela iamos á rúa como cando botan os cans das casas. Deivit
sempre nos animaba, sempre nos dicía que algún día nós tamén seriamos felices,
porque realmente mereciamos o mellor. A el a vida sempre lle sorrira, e aínda
que non envexo as familias felices sempre me pregunto ¿por que merecemos
isto? Vestinme para ir a clase, cos mesmos pantalóns
gastados que puxera toda a semana e a camisa que me regalara a nai de Jack. A
verdade é que non me apetecía ir a clase, prefería botar un partido de fútbol
no campo e deixar pasar os malos recordos. Jack viña sempre comigo e
aproveitabamos para fumar un cigarro e tomar o sol. Soíamos ir os do barrio botar partidos ata a noite
e ocultar as nosas penas na escuridade. Todos traballabamos para axudar na
casa cos cartos, pois os nosos pais non gañaban tanto como as persoas lidas
ou herdeiras de grandes extensións de terras. Os fillos dos do barrio
levabamos a mesma roupa toda a semana, pois os soldos non chegaban nin para
mercar un par de calcetíns de algodón fino. Esa tarde non remataramos o partido e decidimos
quedar pola noite para meterlles unha
boa goleada. Cando cheguei á casa vin a mesma historia de sempre, así que
collín dous talegos, metinos no peto e pechei a porta con forza, pero aínda
así non se decataron da miña chegada, pois os berros oíanse no centro da
cidade. Decidín ir ó campo e adestrar
as miñas pernas. Cando pasara unha longa hora debruceime contra a herba e
decateime de que aínda que morrese alí mesmo a meus pais non lles tería
importado. Non puiden evitar chorar coma un neno. Unha man tocou un dos meus
ombreiros. |
|
- Brian ¿atópaste ben? Puiden recoñecer a súa voz
perfectamente. Collinlle a man e deille un abrazo, pero ó separar a súa cara
do meu peito vina chea de sangue. Por un momento tomei medo, erguinme e
corrín ata a casa de Jack, a partirlle as mans a seu pai, estaba farto de ver
como o meu amigo recibía malleiras continuamente, aquilo non se podía volver
a repetir. - Eu tamén me fartei, imaxinei que estabas aquí
pois escoitei berros na túa casa e veño dicirche que hoxe ás 11 pasa o tren
con carga e fai unha parada en Weldsford, definitivamente o tren chega a
Zalgard ás 7 da mañá, debemos chegar a tempo a Weldsford así que é mellor
deixar a túa vinganza, a dor e os recordos aquí, non quero que che deixe
marcas como fixo coa miña cara. Por primeira vez estaba seguro da miña fuxida e
estaba disposto a enfrontar o que se me puxera diante. Ás 11:45 estabamos en
Weldsford, ás 11 sentín a chamada do tren e nese momento mirei cara a atrás,
coa dúbida de voltar pensando que quizais as cousas se arranxarían, pero o
meu amigo agarroume para axudarme a subir ó tren. Xa con dirección Zalgard
puiden observar a alegría que enchían os labios de Jack, foime contando o
marabilloso que sería aquel lugar, pois antes da morte da súa nai foron ver
unha gandería, soñaba con que teriamos o noso gando, que iamos coñecer dúas
mozas marabillosas, que casariamos e que teriamos fillos. Aquilo que dicía
era como un soño feito realidade pois a ilusión dos nosos corazóns permitía
que todo parecese verdade. A historia fixo que comezase a chorar, daquela
encollinme e boteime entre os sacos de patacas para entrar en calor. -
¡Brian, esperta! Xa estamos na nosa
futura terra. O sol entraba ós poucos. Abrimos coidadosamente a porta, xa que nos
alarmaron estraños ruídos fóra. Señores de mediana idade, entre corenta e cincuenta
nos, se dedicaban a baixar a mercadoría. Metín un quilo de patacas na
cazadora de coiro gastada e baixamos sen que nos visen, era como nas
películas de fuxitivos. Xa fóra comezamos a correr pola chaira, un dos homes
viu como fuxiamos e avisou o resto dos compañeiros, colleu unha arma e
disparou, tireime ó chan rapidamente e berreille a Jack que fixese o mesmo
pero as miñas ordes chegaran demasiado tarde ós seus oídos. O sangue do seu
corazón chegou á miña cara, saín correndo para salvalo pero non puiden, o seu
corazón case non latexaba, soamente escoitei os seus xemidos e as súas
últimas palabras: “Brian, loita por ti e se feliz, eu agora tamén o serei”,
berrei o seu nome unha e outra vez, pero ¿para que seguir loitando se a miña
esperanza xa non está? Se isto era o seu destino, daquela ninguén merecía
vivir. Cada día recordo tristemente as súas palabras, os soños que viviramos
os dous na súa última noite. Non me explico como esa bala non foi para min, a
verdade é que nunca o entendín. Era o meu mellor amigo e era como o meu
irmán, axudoume en todo, cando estaba triste alí estaba el para contar os
seus chistes, cando seu pai lle ía pegar a seu irmán alí estaba el para
recibir a malleira, e ¿agora? ¿quen ocupará agora ese lugar de tanta dor e
sufrimento que continuamente estivo soportando? Desde a súa morte a xente do barrio parecía ter
cambiando, mesmo meus pais. O pai de Jack seguía sendo o mesmo, un alcohólico
e violento coa única familia que lle quedaba. Ó cabo de dous meses do tráxico
accidente, meu pai marchou da casa e miña nai meteuse nas drogas. Esta
adolescencia foi o peor que puiden recibir, chea do sufrimento e dor que nos
proporcionaban nosos pais cada día. Hoxe teño 29 anos, son
licenciado en Belas Artes e teño unha
familia marabillosa, á que lle proporciono cada día amor e felicidade. Sigo
tendo soños da miña infancia, sobre todo da morte de Jack, das súas historias
e da vida de meus pais, aínda que sería mellor dicir que son pesadelos con
xente que eu amaba pero que xa non está aquí. Aínda me culpo hoxe da morte do
meu amigo, creo que non debería ter collido aquel tren que o levaba ó
inferno, creo que debía terlle dito que non ía ir con el, e daquela el non
tería morto, teriámonos casado e hoxe estaría celebrando a Pascua á súa beira Noelia
Castro Fraga |
|
|
|
|
|
VIAXE DE VOLTA Se ben a vosa historia comeza cando nacestes, a
miña comeza cando empecei a morrer. Daquela asomaba a miña adolescencia pola fiestra e
os meus problemas eran os típicos existenciais da idade ¿que roupa poñerei
hoxe? Aínda así, os meus pensamentos confundían a calquera que se atrevese a
exploralos. Explícome, non sei, así sen máis comecei a sentirme inferior. Vía
todas as persoas superiores a min, sen motivo aparente; non me sentía a gusto
comigo mesma e para sentirme segura necesitaba que me regalasen os oídos e
deixeime guiar. Despois obsesioneime con todo, con aquel
michelín inexistente que ó meu xuízo
non podía medrar e medrar, e encontrábame soa rodeada de xente. Eran catro
paredes día e noite das que non podía saír, pero o problema xa non o tiña eu,
tiñano eles, eran os bichos raros que non me entendían. Apareceron as miñas
rutas continuas pola cociña, eran as miñas vacacións perfectas, turismo sen
saír da casa. Só con abrir a neveira gozaba do paraíso cargado de suculentas
carnes de todo tipo, o mellor en verduras, unha gran variedade de postres e,
por suposto, a denominada comida basura.
Despois chegaba a compra e os ollos íanseme ó ver aquel chocolate que non
facía máis que chamarme. Atracóns continuos de todo tipo de comida que só
compartía coa miña gran amiga a soidade. O baño era o herdeiro dos meus empachos posto que
alí deixaba a pegada diso no que me estaba convertendo. Os días pares
ofrecíanme carne, peixe e legumes, e os impares pasta, verduras e permitíame
o luxo de poder tomar postre e logo, sen falta, ía ó servicio ¡Como non...!
pero o tempo facíaseme eterno. Tiven a necesidade de buscar outra obsesión
lonxana do que todos dicían bulimia. Foi nese momento cando comezei a
estudiar sen parar, o que fora. Era afán de superarme a min e ós demais. Non
só iso, o meu carácter cambiou rotundamente, volvinme arisca, fría, cerrada,
introvertida. A Sara que coñecía converteuse en xestos mal encarados e o meu
metabolismo, que para min non supuxo angustia de ningún tipo, tamén o notou.
O período desaparecérame e para min mellor, xa que non tiña que sufrir
aquelas dores agonizantes nin aquelas hemorraxias mensuais. O pelo empezoume
a caer e a miña pel xa non era suave, parecía peluxe encrespada. Con todo iso
e a miña desesperación por culturizarme non tiña tempo para nada e moito
menos para comer. A bulimia que a todos preocupaba desaparecera, caso
resolto. Os meus atracos á neveira e visitas ó baño non eran motivo de
escándalo. Un bo día no meu camiño cruzáronse os longos
paseos que máis ben eran carreiras que nunca souben a onde me querían levar.
Odiaba a miña familia, os meus amigos, as básculas e os espellos. Eu non
facía nada malo e eles só sabían saturarme con palabras carentes de
significado na miña ampla intelixencia. Agora a frase clave era: Tes
anorexia. E se non tiña fame nin apetito ¿para que ía comer? Cada día era peor, unha loita continua contra todo
ser vivinte que perturbaba aquilo que xa non era nin a miña vida. Os desmaios
supuxeron acentuar a gravidade do caso e o hospital converteuse no meu
segundo fogar. E por fin, moi ó meu pesar, ingresáronme nun
centro. Eu seguía sen recoñecer o meu problema, pero xa non me sentía soa.
Con esforzo e calma fun abrindo os ollos outra vez. Tiven recaídas, pero as
miñas ganas de vivir aumentabanm a pasos axigantados e gracias a iso e á
xente que me rodea, que soubo ver o problema, hoxe podo contar a miña pequena
anécdota. Aínda teño que sumar uns quiliños, pero agora sei
que a pescada que me toca os pares, e que por certo miña avoa cociña moi ben,
non debo sentirme culpable por comela. E non importa o meu físico mentres
teña unha mente e un corpo san, e por suposto o afectos dos meus seres queridos.
E non necesitamos que non regalen os oídos para sentirnos máis e mellor. Con
constancia e loitando sanamente lógranse as metas. E aquí está o meu presente
e os meus plans de futuro: formar unha familia, ter un traballo estable e
seguir enfrontando obstáculos que merecen a pena. E coa miña experiencia
poderei axudar as persoas que coma min precisan apoio. Así que sen máis nada que dicir, espero que isto
chegue máis alá do ollo do lector. Acordádevos de min e ata sempre. Sara Aramburo Rodríguez |
|
|
|
|
|
D I A D A S
L E T R A S G A L E G A S
Como cada ano o 17 de maio celébrase o Día das
Letras Galegas, adicada esta vez ó poeta noiés Antón Avilés de Taramancos. Uns alumnos de Diversificación
Curricular realizaron o seguinte traballo sobre o autor e a súa obra. ANTÓN
AVILÉS DE TARAMANCOS (1935-1992) Xosé Antón Avilés Vinagre naceu preto de Noia, na
aldea de Taramancos, e dela colleu o seu nome. Estudiou, entre outros lugares, na Escola de
Náutica da Coruña. Nesta cidade recoñeceu a súa vocación pola literatura e
aquí coñece a persoeiros como Álvaro Cunqueiro, Urbano Lugrís, Uxío Carré... En 1961 emigra a Colombia. É imposible contar nun
pequeño resumo a súa biografía emigrante: churreiro, contrabandista, cazador
de tigres, traficante de cabezas reducidas, campesiño..., nunha vida de
incrible novela. Alí, en Colombio, casa con Sofía Baquero e teñen 3 fillos.
Volta a Galicia no ano 1980 e monta unha taberna en Noia, a famosa Taberna Típica. A súa obra poética iniciouse con As moradías do vento (1955) e A frauta e o garamelo (1959). No ano 1982 publica O tempo no espello, recompilación das súas obras anteriores e con
poemas inéditos. No 1985 edítase Os
cantos caucanos, homenaxe á terra colombiana; e en 1989 As torres no ar, último libro en vida.
Última fuxida a Harar é o seu
derradeiro libro de poemas, publicado postumamente. A súa única obra narrativa é A nova crónica das Indias, con influencia de escritores
sudamericanos. A súa obra adoita inscribirse na Xeración galega
de Poetas dos 50 ou das Festas Minervais. Morreu no ano 1992 e foi enterrado na súa aldea:
Taramancos C A L I
Agora teño saudade do futuro que hei de andar lonxe da miña cidade. Cúpulas brancas ó ar: E sinto na eternidade o corazón a soñar.
(Nova crónica de Ulises, 1978)
Débora Gárcía Zás. Lorena Prego
González. Jorge Soto Rodríguez.
|
|
|
|
|
|
ENTREVISTA A
MÓNICA E CARLOS
Pregunta:¿Desde
que ano levades no bar do instituto? Resposta:
Desde o ano 1993. Pregunta:
¿Cambiou algo a idea que tiñades ó principio? Resposta:
A nosa idea cambiou moito con respecto ó que esperabamos. Pregunta:
¿Por que decidistes deixar a cafetería? Resposta:
Porque hai moi poucos alumnos e agárdanos novas ofertas
de traballo. Pregunta:
¿Cómo foi a relación co profesorado? Resposta:
Foi moi boa e non houbo conflictos. Pregunta:
¿E como foi a relación cos alumnos? Resposta:
En xeral levámonos ben aínda que houbo algún problema. Pregunta:
¿Roubáronvos algunha vez sen que vos derades conta? Resposta:
Non, nunca nos roubaron. Pregunta:
¿Os nenos compran e están na cafetería? Resposta:
Todos os nenos veñen comprar, pero nós queremos que veñan á cafetería en lugar de ir a outros
sitios. Pregunta:
¿Que vendiades no bar? Resposta:
Antes vendiamos os famosos bocadillos de tortilla de
pataca pero agora os nenos compran máis lambetadas. Pregunta: ¿Gústavos que haxa cafetería no instituto? Resposta: Gústanos moito. Pregunta: ¿Cómo credes que comprarían máis os alumnos no bar? Resposta: Se fóra non houbese tendas. Pregunta:¿Todo o diñeiro que sacades vendendo lambetadas é para vós? Resposta: Os fabricantes de lambetadas levan un tanto
por cento dos beneficios. Pregunta:¿Cal foi o ano que máis vendestes? Resposta: O curso 1997-1998. Pregunta: ¿Recomendariades a alguén que colla
o bar? Resposta: Non llo recomendamos a ninguén porque hai
moi poucos alumnos e poderían ter problemas económicos. Pregunta: ¿Por que collestes o bar? Resposta: Porque naqueles tempos había máis alumnos. Pregunta:¿Se houbese máis alumnos quedariades? Resposta: Por suposto que si, quedariamos algún
tempo máis. Pregunta: ¿Dávos
pena deixar a cafetería? Resposta: Si, dános pena deixala. Pregunta: ¿E para onde ides agora? Resposta: Imos para a cafetería do Agra I, pero
Mónica está pendente dunha chamada do Sergas. Paula Hernández e Nuria Varela
|
|
|